martes, 29 de enero de 2008

O CARTEIRO DE BAGDAD


Hoxe queremos recomendarvos a lectura do XVIII Premio Ala Delta, O carteiro de Bagdad.É a primeira obra na nosa língua que recibe este galardón.Hai un neno en Bagdad, que sinte curiosidade polos relatos do pai, que non acode á escola porque non hai e que leva meses xogando só, lonxe do seu amigo , por diferenzas que non logra comprender. Todo cambiou coa guerra.Ten un pai carteiro que arrisca a vida para repartir o correo na súa motocicleta; que chora ao malvender os seus prezados libros. O neno fará unha viaxe perigosa co fin de cumprir a vontade do pai e entregar unha misteriosa carta, unha viaxe que lle fai medrar e ter esperanzas.

Deixámosvos este diálogo entre a nai e o fillo para que os animedes a ler o libro:

-Pero...¿ por que non lles gustaban os libros?

-Porque os libros son coñecemento, Abdulwahid.Son o camiño cara á liberdade. Por iso eses bárbaros conquistadores os destruían.Tíñanlles máis medo aos libros que a calquera outro dos seus inimigos.

Este libro vai destinado a lectores a partir de 10 anos, pero os que sobrepasan esa idade non deberían deixar escapar a oportunidade de saborear esta historia.

domingo, 27 de enero de 2008

KE-TUMBA, KE-TAMBA NO CLUB DE LECTURA



O LIBRO DO MES DE XANEIRO


KE-TUMBA, KE-TAMBA, de Xerardo Quintiá


Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro.


Anímate a ler este libro, do que che iremos ofrecendo máis información e actividades ao longo de todo o mes de xaneiro.


O 11 de febreiro teremos unha sesión aberta do Club de Lectura para charlar e compartir comentarios sobre este libro, co propio autor.


¡Ven á biblioteca a buscar o teu exemplar!


Se queres saber algo máis da vida e obra deste autor preme no seguinte

enlace: