sábado 25 de febrero de 2012

XOELIKI. AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA





Este mes rematamos as xuntanzas do primeiro club de lectura con Xoeliki, e con este mesmo libro decidimos empezar co segundo club xa que o vindeiro venres 2 disfrutaremos da presencia dun dos seus escritores que ademáis é o ilustrador, Abraham Carreiro.
Falamos do libro, dos seus personaxes, dos riscos de internet...
Os dous grupos leron as súas frases favoritas nas que coincidiron moitos deles:

"A tecnoloxía é maravillosa máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos..."
( Pg. 40)
"Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..."(Pg.40)
"Non hai nada como aprender gozando cada día" (Pg.54)


Florencia quixo facer referencia a unha frase sobre a importancia do traballo en equipo:
"...o traballo en equipo... Multiplica as ideas, os coñecementos e as capacidades de cada un de forma exponencial" (Pg. 83)

Oihán quixo darlle un toque humorístico lendonos unha das mensaxes electrónicas de Xoeliki coa súa amiga virtual:
"Túa nai é como Mortadelo, transfórmase cada día!!..."(Pg 6)

Animámosvos a todos a ler esta historia pois a todos nos nos gustou e xa estamos desexando ler a segunda parte que xa sabemos que está a piques de saír.

Se queredes saber máis sobre o libro e os seus escritores clicade na seguinte imaxe:


lunes 30 de enero de 2012

VERO Y EL FANTASMA DE CANTERVILLE



.
Durante estas semanas puidemos adentrarnos no oscuro castelo no que vive o fantasma de Canterville.Acompañamos a Verónica nesta nova viaxe e descubrir que algo estrano ocurre nel. Tiña que atopar o segredo que nel esconde este fantasma. Para levar a cabo esta tarefa ela non lle ten medo á oscuridade do lugar. Verónica consigue develar o misterio, e nós con ela.

Se ti queres sabelo, adéntrate nesta entretida historia que che recomendamos.

Nesta xuntanza falamos das partes do libro que máis nos gustaron, sobre os personaxes... e tamén sobre a linguaxe utilizada, facendo especial atención sobre a cantidade de frases feitas que aparecen:

"Aquí paz y después gloria"(Pg 33)
"Sire tanto para un roto como para un descosido" (Pg 33)
"... a lo hecho, pecho" (Pg 37)
"... como Pedro por su casa"

Despois de ler este libro xa todos estamos desexando ler o libro de Oscar Wilde "O fantasma de Canterville". Algúns xa o colleron na Biblioteca municipal, como é o caso de Jorge, e outros están desexando que chegue á nosa biblioteca.
Se queredes un pequeno adianto clicade enriba desta portada.




miércoles 14 de diciembre de 2011

FALANDO DE NATA Y CHOCOLATE











Por fin chegou o día! Tódos os días atopábamonos polos corredores e intercambiabamos opinións sobre o moito que nos gustaba o libro. Eran tantas as ganas de comentar cousas que o tempo non nos chegou a nada.


Falamos dos protagonistas e dos valores que se fomentan con esta historia como a tolerancia, o amor pola literatura, a empatía, a solidariedade, a autoestima...


Tamén intercambiamos a información que atoparon sobre o albinismo.


Foron moitas as frases que quixeron destacar:



"No hay que pensar en lo que no tiene solución"(pg 10)

"...la gente lectora es mucho más rica por dentro, te lo aseguro...Espero que
llegues a descubrir el placer de leer."(pg 19)

"...a veces es bueno que uno se de cuenta de lo que otro puede sentir para aprender a no hacerlo"(pg 90)


"Una sonrisa es más bonita que una risa"(pg74)



No libro, Sonia sufre abusos por parte dos seus compañeiros por ser albina, pero os casos deste tipo danse diariamente en moitas aulas . Por eso aproveitamos este momento para falar do aumento da violencia nos centros nos últimos anos. Comentamos que deben denunciar estos actos tanto si son víctimas como testigos de accións semellantes e que non se debe deixar que os abusóns dominen as aulas.


Non debemos deixar que nos arrebaten a dignidade persoal nin quedarnos inmóviles cando se lla quitan a alguén na nosa presencia.



miércoles 30 de noviembre de 2011

NATA Y CHOCOLATE, UN LIBRO SOBRE ACOSO ESCOLAR


Este mes estamos lendo "Nata y Chocolate". O éxito está sendo tan grande que xa sei que moitos de vos xa rematáchedes. Como moi ben dicides é un libro que cando o empezas ler non podes parar.Ás profes pasounos exactamente o mesmo.
Para os que todavía non tivéchedes a oportunidade de lelo non vola podedes perder .

Conta a historia de Sonia, unha nena calada, triste e solitaria. Os seus compañeiros non paran de meterse con ela por ser albina; Lola incluso obligaa a facerlle os deberes. Ninguén parece darse conta desta situación ata que chega ao centro unha nova profesora e decide cambiar esta situación .

Sonia, é unha nena albina. Para os que queirades saber algo máis sobre esta enfermidade : en qué consiste, qué coidados teñen que ter coa súa pel , qué particularidades teñen na súa vida diaria… podedes clicar enriba desta imaxe.



Xa sabemos que disfrutáchedes co libro, agora chega o momento de disfrutar tamén buscando información.

Preparados, listos... XA!!!

sábado 19 de noviembre de 2011

VIAXANDO NO TEMPO COS MEGATOXOS








Este xoves pasado xuntámonos para falar dos Megatoxos e do aprendiz de Druída. Foi unha sesión chea de entusiasmo, todos querían participar cos seus comentarios e opinións. Falamos dos poderes especiais dos protagonistas e tamén dos celtas, pobo ao que viaxan, e sobre o que investigaron algúns dos membros do club. Todo esto acompañado de diferentes doces feitos por eles mesmos para a ocasión. Gustoulles poder acompañar aos Megatoxos nesta viaxe no tempo e xa están desexando ler as seguintes aventuras destes rapaces e rapazas.

viernes 4 de noviembre de 2011

COMEZAMOS COS MEGATOXOS





Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa apenas se coñecen cando empezan o curso, pero algo sucede e fará que as súas vidas cambien para sempre.Teñen máis cousas en común do que eles pensaban. Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros viaxando polo tempo en busca de respostas, na terra dos seus antergos...os celtas.

Se queredes saber máis podedes clicar na imaxe e deixar os vosos comentarios.

Anxo Fariña, o seu escritor e ilustrador visitounos fai uns anos, deixounos algunhas ilustracións que hoxe presiden a nosa biblioteca, e incluso invitounos a presentación do libro.


Este é o inicio dunha fantástica viaxe que continuará ... Non vos poderedes perder os seguintes títulos.

domingo 9 de octubre de 2011

XA ESTAMOS EN MARCHA



O Club de Lectura xa está en marcha dende esta semana. Este curso nos reuniremos en dous grupos xa que sodes 36, xuntarémonos un xoves ao mes no recreo. Nestes encontros intercambiaremos ideas, opinións ....

Na primeira xuntanza xa coñecíchedes os títulos que imos traballar e como. As vosas caras iluminaban entusiasmo cando colléchedes nas mans o primeiro libro co que imos empezar, desexamos que non o perdades nunca, o entusiasmo!.

Benvidos ao CLUB DE LECTURA BIBLIOBREY!!!