domingo, 23 de enero de 2011
MAMASIÑA QUE MEDO!
Na última xuntanza falamos deste libro de teatro. Moitos deles foi a primeira vez que lían teatro e encantoulles a experiencia. Pablo e David dicían que cando o estaban lendo entrábanlles unhas gañas impresionantes de representalo.
Falamos da mestura de elementos actuais con outros que non teñen que ver co noso mundo
(como viaxar en vasoira) o que lles resultaba moi divertido.Chincheta estudia novas tecnoloxías, teñen que levar a vasoira a ITV...
Hai unha serie de adiantos técnicos que sorprenden coma a vasoira da
bruxa que ten tren de aterraxe, piloto automático, motor de arranque ou depósito de combustible.
Hai situacións realmente cómicas coma cando aparece o morcego e se asusta a bruxa
del e el da bruxa berrando ao tempo. Ou outras nas que a rapidez coas que cambiamos
de emocións provocando a risa, por exemplo cando a bruxa acaba de asustarse só de ver ao morcego que lle conta o pavoroso que é o seu señor e a continuación dóese del cando lle di que está enfermo.
Analizamos tamén as esaxeracións entendéndoas como recursos humorísticos e poéticos. Di o morcego: «O xigante é descomunal.Faise noite só coa súa sombra».
As imaxes tamén nos fascinaron e descubrimos que nos aportaban información da que non aparecía no texto. David animouse a facer unha ilustración.
Falamos tamén dos nomes dos protagonistas, do que lles gustaba, ata tal punto que a Pablo gustaríalle crear unha nova persoaxe, Chinchilla. Prometeunos que escribirá un novo capítulo con esta persoaxe. Tan pronto o teñamos publicarémolo para que todos poidades disfrutar del.
Animámosvos aos que todavía non lerades esta obra que os apuredes xa que pasaredes un bo rato.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario