sábado, 22 de marzo de 2014

VISITA DE AN ALFAYA




Esta semana pasada o alumnado de 6º tivo unha visita moi especial: a autora viguesa An Alfaya.
Os nen@s tiveron a oportunidade de achegarse un pouco á súa vida e obra, en especial ao libro que leron primeiro os membros do Club de Lectura: O AROMA DO LIQUIDÁMBAR.
Despois de contestar ás moitas preguntas que lle fixeron, firmounos libros e deixounos un fermoso agasallo, no libro de visitas da biblioteca, en forma de palabras.

GRAZAS AN POR COMPARTIR ESE MOMENTO CONNOSCO!!!