jueves, 22 de mayo de 2008

XA ESTÁ Á VENTA A SEGUNDA PARTE DOS MEGATOXOS

A segunda parte do libro Os Megatoxos, Os Megatoxos e a espada esmeralda, xa está nas librarías, e moi pronto na nosa biblioteca .

Nesta segunda novela de Anxo Fariña, os Megatoxos, Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa lánzanse a unha nova aventura que os levará ao medievo na procura de solución a unha mutación xenética que fixo que por accidente desenvolveran estranos poderes. Nun antigo e misterioso mosteiro onde nada é o que parece é onde transcurre parte da súa aventura.

Se non podes agardar e queres ler un dos primeiros capítulos do libro preme nesta imaxe:



Xa nos contaredes que vos parece.

E se queredes entrar no Blog da colección destos libros para deixar comentarios ou opinións clicade neste enlace:

"OS MEGATOXOS"