sábado, 14 de abril de 2012

VERO E O FANTASMA DE CANTERVILLE NO SEGUNDO CLUB



.



Esta semana xuntámonos co segundo club de lectura para falar da historia de Vero e o fantasma de Canterville. Intercambiamos opinións sobre os personaxes, a linguaxe utilizada no libro...
Foi unha xuntanza un pouco triste porque faltaba Miguel, un dos membros deste club. Está no hospital xa que tivo un pequeno accidente coa bicicleta.
Ánimo Miguel, sabemos que seguramente nos estás seguindo a través deste recuncho polo que queremos facerte chegar o noso cariño e esperamos que te recuperes pronto.