viernes, 22 de noviembre de 2013
VERO Y EL FANTASMA DE CANTERVILLE
Un bo libro para disfrutar durante estas semanas no que puidemos acompañar a Verónica nesta viaxe e descubrir que algo estrano ocurre neste castelo de Canterville. Tiña que atopar o segredo que nel esconde este fantasma. Ela non lle ten medo á oscuridade do lugar. Verónica consigue develar o misterio do fantasma, e nós con ela.
Falamos das partes do libro que máis nos gustaron, sobre os personaxes... e tamén sobre a linguaxe utilizada,fixámonos tamén na cantidade de frases feitas que aparecen:
"Aquí paz y después gloria"(Pg 33)
"Sirve tanto para un roto como para un descosido" (Pg 33)
"... a lo hecho, pecho" (Pg 37)
"... como Pedro por su casa"
Seguro que despois de ler este libro xa todos estades desexando ler o libro de Oscar Wilde "O fantasma de Canterville". Podedes atopalo na Biblioteca municipal, e esperamos telo pronto na nosa biblioteca.
Se clicades enriba desta portada disfrutaredes dun pequeno adianto.
viernes, 11 de octubre de 2013
XA ESTÁ EN MARCHA O NOSO PRIMEIRO CLUB DE LECTURA
Xa estamos en marcha un ano máis. Tivéronse que formar dous grupos debido á cantidade de solicitudes. Todos con moitas gañas de empezar a compartir as lecturas e a paixón por elas.
O primeiro libro co que empezaremos será:
"VERO Y EL FANTASMA DE CANTERVILLE"
Qué terrible secreto atormenta ao fantasma? Para descubrirlo, Verónik@ adéntrase nos rincóns máis recónditos do castelo. Os novos e extraños inquilinos americanos virán a complicalo todo.
Un bo título para este mes de SAMAÍN, mes cheo de meigas, trasnos, pantasmas...
viernes, 21 de junio de 2013
REMATAMOS CON CINE
Tocaba ver a película organizada para pechar co club este ano de lecturas. A película escollida foi "HOYOS".
Quedamos no cole ás catro da tarde estabamos alí puntuais. Non eramos todos, pois algúns non puideron asistir xa que tiñan exames de consevatorio e outras actividades. Os que asistimos tiñamos moitas ganas de pasar un momento xuntos, comendo palomitas e vendo unha película que resultou divertida, entretida e con moito "fundamento"
Basada na novela de Louis Sachar, unha obra de realismo máxico xuvenil, convertida nunha rica e sorprendente película chea de valores como a amizade, do traballo en grupo, o respeto pola diferenza... -
Estamos desexando poder empezar a ler o libro.
Estamos desexando poder empezar a ler o libro.
Este verán pode ser un bo momento para empezar a lelo.
FELICES VACACIÓNS... E SORTE PARA ESTA NOVA ETAPA DAS VOSAS VIDAS!!!
domingo, 12 de mayo de 2013
OS MAGOS DO GRAN BAZAR
“No reino de Bazar, na cidade de Dahira vive o sultán AKBAR.
O gran bazar é un mercado único, onde se
vende produtos máxicos. Cada ano otórgase un premio ao mellor mago do ano, ó
que venda máis productos. Ese ano teñen un problema, tan só falta un día e
aínda non está elexido o gañador. Será a princesa Lía e a seu amigo Ali quenes
teñen que investigar a todos os magos . O tempo corre e falta pouco…”
O luns, día 6 de maio
tivemos a 3ª reunión do club de lectura.
OS MAGOS DO GRAN BAZAR, un libro entretido e divertido que
nos soubo a pouco.
Despois de un breve, pero intenso resumen
que nos fixo Adriana, empezamos a comentar os aspectos máis destacados:
Soubemos que un Bazar é un mercado oriental.
A relación do libro coas matemáticas, onde aparecen
conceptos como a proporcionalidade e a regra de tres.
Vocabulario
interesante, con palabras que algúns non coñecían: escarlata, oprobio, mordaz,
autómata…
Gústounos eso de mezclar no tempo elementos modernos e
tecnolóxicos como o uso de robots, con outros máis tradicionais.
Gemma comentounos o que lle gustou especialmente. Ela dixo: unha
descrición que me parece preciosa
“ La mercancia estaba apilada sobre
mostradores de azulejos con hermosos dibujos, y anchas lámparas de bronce
iluminaban el establecimiento, arrancando mil reflejos irisados de los
diseños multicolores de las alfombras”.pax 27
Paula destaca sobre
todo a páxina na que fala de que non hai. que xulgar a xente polo seu aspecto, senon polas
obras e tamén que as persoas que sempre nos din cousas boas, non son de fiar.
Outra frase que nos chamou a atención foi que:
“ las
serpientes son como las personas, no hay dos iguales”.
Os nosos personaxes favoritos son:
Lia porque era valente, xenerosa e
humilde e por suposto lista e moi eficaz.
“ A perla de Asia”, un alcume que indica
o que ela significaba para os demais.
Ali por ser un bo
amigo.
A maga Farah porque era humilde e bondadosa.
A todos nos resulta
pedante e adulador Iraj .
Os 30 minutos do recreo non foron suficientes para comentar
todo o que nós queriamos, pero coma sempre, quédanos bo sabor de boca para a
próxima e última reunión, o 5 de xuño.
lunes, 8 de abril de 2013
XOELIKI NO 2º CLUB DE LECTURA
Que magoa! Había tantas cosas que dicir, que o tempo
fíxosenos curto.
Por suposto, referímonos
a Xuntanza do Club de Lectura. O libro a comentar era XOELIKI de Abraham
Carreiro. Libro cunha temática totalmente diferente a NATA Y CHOCOLATE,
pero non por iso menos interesante.
Xoeliki, un
rapaz, orfo de pai, case sen querer entra no mundo da informática e mesmo
atopa a clave para vencer un serio virus
que ameaza o futuro dos rapaces da súa escola no mundo da Internet.
O tema resultounos
moi atractivo, a todos nos gusta
Internet; o que nos levou a falar sobre o control e responsabilidade necesarios
no seu uso. Incluso comentamos casos de enganos na rede.
Gemma comentounos que
está moi de acordo coa frase:
“ Ler é máxico, axuda a medrar”.
Ela comparaba ver
a película con ler o libro , e dicía que "no libro ti eres parte do conto porque
te tes que imaxinar cousas, na película xa cho dan feito”.
Pedro considera que
traballar en equipo é fundamental, por iso resaltou a frase:
“Traballar en
equipo, multiplica ideas”.
A Laura Collazo a frase que máis a impactou foi:
”Non hai
nada como aprender gozando cada día”.
O que a levou a pensar nas Matemáticas, polas que sente fascinación. “A min gústanme
as Matemáticas, para min son maxia,encántame investigar para resolver unha
cousa e que me saía outra”. Díxonos que
resolvendo misterios o pasa divinamente.
Todos opinamos o mesmo, que preferimos aprender disfrutando e
se pode ser en equipo, xa que resulta
máis doado.
Outro detalle que nos chamou a atención foi a obsesión da nai e de Xoeliki por pulsar
a tecra SCOLL LOCK , sobre todo el,
cando estaba en apuros pensaba no seu pai e pedíalle axuda, quizais pensaba que onde quera que el
estivera coidaría del.
Poidemos coñecer palabras relacionadas con Internet que
nunca antes escoitaramos.
E para rematar unha agradable noticia, xa temos data para
recibir a Alicia Borrás Sanjurjo,
estamos impacientes por coñecela, dado que para nós Nata y
Chocolate é un libro entrañable.
Como sabedes somos grandes lector@s e temos algunhas
recomendacións para vós :
- La invención de Hugo Cabret
- Regreso a la tierra de dragones
- Donde los árboles cantan
sábado, 9 de marzo de 2013
DISFRUTANDO DE NATA Y CHOCOLATE CO 2º CLUB DE LECTURA
Por fin chegou o día! Eran tantas as ganas de comentar cousas que o tempo non nos chegou a nada.
Falamos dos valores que se fomentan con esta historia como a tolerancia, o amor pola literatura, a empatía, a solidariedade, a autoestima...
No libro, Sonia sufre abusos por parte dos seus compañeiros por ser albina, pero os casos deste tipo danse diariamente en moitas aulas . Por eso aproveitamos este momento para falar do tema. Comentamos que deben denunciar estos actos tanto si son víctimas como testigos de accións semellantes e que non se debe deixar que os abusóns dominen as aulas.Como moi ben dixo Carla, hai que axudar aos que sufren.
Adriana quixo facernos partícipes e reflexionar sobre un fragmento que dicía:
"Hacer reír burlándose de otros es fácil...pero suele ser cruel. ¿Alguno de vosotros le ha preguntado a Sonia si le gusta que le llamen Nata?"(pg 40)
Foi un bo momento para falar da empatía e comentar experiencias concretas.
Foron moitas as frases que quixeron destacar:
"No hay que pensar en lo que no tiene solución"(pg 10)
"...la gente lectora es mucho más rica por dentro, te lo aseguro...Espero que
llegues a descubrir el placer de leer."(pg 19)
"...a veces es bueno que uno se de cuenta de lo que otro puede sentir para aprender a no hacerlo"(pg 90)
Disfrutamos de cada momento da xuntanza pero faltábanos a profe Ángeles porque está de baixa. Esperamos verte pronto profe!
domingo, 3 de marzo de 2013
ÚLTIMA XUNTANZA DO PRIMEIRO CLUB DE LECTURA
Esta foi a última xuntanza deste grupo xa que a próxima empezará o outro club.
Aínda quedan piratas na Costa da Morte é a obra que estivemos lendo durante estas semanas.Esta historia sucede nun lugar da nosa costa .
Empezamos a saborear o bizcoito de
chocolate e entre bocado e bocado fomos intercambiando opinións sobre este
libro. Compartimos as nosas opinións sobre a historia, que se ía
tecendo, e sobre as personaxes.
Falamos do cambio
de Hector na súa estancia na Costa da Morte incluso "afeccionárase á lectura e lía
toda clase de libros dos máis variados temas, deixándose levar pola curiosidade
e polo impulso".Al igual que a él gustáronlles as lendas e historias da zona e incluso algúns buscaron máis información sobre a zona e o porqué do seu nome.
María tamén buscou información sobre a escritora que compartiu con todos.
Grazas a este libro algúsns xa están desexando ler "A ILLA DO TESOURO",O libro no que atopan as pistas para descubrir o tesouro que deixou o avó.
Un libro cheo de misterios e aventura que vos recomendan a todos e todas.
Grazas a este libro algúsns xa están desexando ler "A ILLA DO TESOURO",O libro no que atopan as pistas para descubrir o tesouro que deixou o avó.
Un libro cheo de misterios e aventura que vos recomendan a todos e todas.
martes, 5 de febrero de 2013
VISITA AO CENTRO DE DÍA DA TERCEIRA IDADE.
Foi unha xornada estupenda!. Esperábannos con entusiasmo e nós fomos con moita ilusión.
Compartirmos xuntos un anaquiño de tempo no que despois dunha breve presentación por parte de LUIS e PEDRO, comezamos as nosas humildes actuacións:
PEDRO e LUIS leron uns fragmentos de textos adicados a todos os avós .
RAQUEL, PAULA , PALMIRA e MIRIAM representaron un precioso conto titulado AVÓS de Chema Heras. Por certo, que grandes actrices!!!
A avoa non quere ir bailar porque se ve velliña …ata que se da conta de….PRECIOSA HISTORIA!
BEATRIZ E ISMAEL RECITARON poemas, acompañados do son da frauta, que tocaba CARLA.
LAURA COLLAZO inventou o seu propio poema, adicándollo a aqueles av@s.
Para rematar MARÍA, ANDREA E GEMA tocaron “ A saia da Carolina”, canción que tod@s coñecían y que tod@ cantamos e algún mesmo bailaron.
Eles tamén nos leron un poema sobre a Paz. Entre todos cantamos a canción de Ana Belen “ La muralla”. Para finalizar invitáronnos a tarta da avoa e zume.Que rico!.
Foi un agradable experiencia que volveremos a REPETIR, sobre todo porque nos fixo sentir ben.
NORABOA RAPACES POR RECOÑECER A IMPORTANCIA DOS MAIORES E POR SER TAN SOLIDARIOS!!
lunes, 14 de enero de 2013
LOS MAGOS DEL GRAN BAZAR
O sultán do Gran Bazar é moi afeccionado a maxia, ten a sorte de que o seu bazar ( mercado) é único, xa que nel véndense productos máxicos. Cada ano concédese o Premio ao mellor mago. A un día da elección, non saben quen será o gañador. LÍA, a súa filla será a encargada de elexir entre todos eles ó mellor mago: un mercader de alfombras máxicas, un vendedor de serpes máxicas, un vendedor de babuchas máxicas… de pasteis MÁXICOOOS!
O personaxe favorito foi para algúns de nós a maga gañadora, FARAH, pola súa bondade e xenerosidade e para outros o vendedor de serpes máxicas.
Os personaxes que menos nos agradaron: foron o vendedor de alfombras, ZARIR, era tramposo e moi ambicioso e tamén o ministro do sultán, que era presumido e brusco.
Recollemos unha frase que nos gustou especialmente:
” No hay que juzgar a la gente por su aspecto, sino por sus obras”
O libro gustounos moito:
- Aprendemos vocabulario, palabras como escarlata, autómata, oprobio, prosaico etc .
- Descubrimos que na lectura por placer tamén se poden aprender conceptos matemáticos:
OS PORCENTAXES E A PROPORCIONALIDADE.
Tivemos tempo de poñer en práctica os nosos coñecementos matemáticos e axudámoslle a ALI a calcular a agua que precisaría cada día para dar de beber a 16 elefantes, se 10 elefantes precisaban 1900 litros.
Para finalizar un xogo:
Con xesto sen palabras debiamos representar a un dos magos do Gran Bazar, os demais adiviñar de quen se trataba.
Palmira, con xestos e señas imitounos ao vendedor de serpes. Tivo que darnos unha pista, pero acertamos.
Os compañeir@s deste Club recomendan algunhas lecturas:
Las crónicas de la torre.
Memorias dun neno labrego
Diario de Greg
Un coche de carreiras.
Con novas lecturas, despedímonos ata a próxima xuntanza que será o 6 de febreiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)