sábado, 30 de mayo de 2020

DESPEDIDA POR VIDEOCONFERENCIA CON XOELIKI



Debido as circunstancias que nos rodearon tivemos que deixar de facer as xuntanzas presenciais para comentar as lecturas, pero non por iso deixamos de ler e  buscamos a maneira de poder comentar xunt@s o libro.

Unha videoconferencia foi a solución, así que o venrés 29 de maio en horario de 11:15h a 12:00h estivemos falando sobre el.

Estas foron as nosas conclusións:

Xana: “ Pareceume irresponsable que Xoeliki andivera facendo cousas sen que a súa nai o soubera, podía pasarlle algo malo.

Resultoume curioso que a historia transcorra en dous días ”.

Cristian: “Pareceume que podían explotar máis ao personaxe de Ari.

 Non se me ocorre como pudo resolver dunha forma tan sinxela o grave problema.

Case que parece un diario”.

Candela: “ A min chamoume a atención especialmente  o personaxe de Ari, tan misteriosa e rara”

África: “ O final é estraño, todo se resolve de forma moi rápida”.

Xurxo: “ Parecíame raro que un neno que non sabe de informática resolva o problema e salve Internet”

Emma Alen:” A min vénseme a cabeza Xoeliki e un montón de ordenadores”.

Enma Barcia: “ Creo que a portada, chama a atención e logo daste conta que é a única imaxe que ten cor”.

Coincidimos tod@s  en que é un libro moi ameno, onde podes aprender palabras relacionadas coa informáticas e cuns debuxos moi acordes co tema do libro, como querendo simular un xogo online.

Reflexionamos sobre o uso de Internet, que é bo, pero que pode resultar perigoso.

Foi un pracer compartir e desfrutar este club con todos vós e animámosvos a que sigades lendo, onde sexa, pero lendo moito.

Grazas.

Moita sorte,  agardamos  vervos  pronto.

Unha aperta.