Este mes estamos lendo "Hugo tras una pista helada" da escritora Cornelia Funke.
Cornelia Funke, galardonada con diferentes premios, é unha das escritoras contemporáneas máis importantes de literatura infantil e xuvenil. Nas súas obras atopamos aventura, fantasía, suspense, maxia, dragóns, castelos, fantasmas, ladróns… todo iso narrado con encanto e imaxinación.
Despois de graduarse obtivo un título de educación teórica en Hamburgo. Pero, ela de pequena quería ser astronauta. O seu soño de ver as estrelas terminou cando viu que se precisaba entrenamento militar. Tamén desexou convertirse en piloto.Posteriormente, traballou tres anos como traballadora social para nenos desfavorecidos. As historias desos nenos inspirárona a escribir e ilustrar algunhas das súas novelas. Quería facer deste mundo un lugar mellor axudando a outros. Despois de terminar un curso de ilustración
traballou como diseñadora de xogos de mesa e ilustradora de contos infantís. Necesitaba escribir, debuxar e diseñar. Antes de trasladarse aos Estados Unidos, Funke traballou para un canal alemán , escribindo guións nun programa. No 2005 trasladouse de Hamburgo a Los Ángeles.
Algúns dos seus libros como Corazón de tinta e El señor de los ladrones foron adaptados ao cine.
"Reckless. Carne de piedra" foi o último libro que acaba de publicar no 2010 en máis de doce idiomas simultáneamente. Este novo mundo de Cornelia Funke lévanos a un universo detrás do espello. Un universo donde os contos da infancia cobran vida.
Se queredes coñecer máis cousas sobre a súa vida e obra podedes clicar na foto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario