jueves, 13 de diciembre de 2012

XOELIKI NO CLUB DE LECTURA




Na semana pasada os membros do CLUB DE LECTURA, tivemos a segunda xuntanza.
Esta vez, xa tod@s estábamos máis relaxad@s e de novo, o libro proposto nos resultou entretido e moi interesante, sobre todo porque nel se fala de algo que ós rapaces e rapazas de hoxe en día nos gusta  moito, A INTERNET.
Algúns de nós, ata nos sentimos  identificados co protagonista: aficcionado aos videoxogos, quere ter un móbil, a mesma idade… en fin que nos acercamos, ó que hoxe se lles chama “ Tweens”.
Aprendemos vocabulario relacionado cas novas tecnoloxías, cousa que nos vira moi ben; e mesmo tentamos entrar no foro e participar na rede social Tesouros Piratas.
Todos coincidimos en que hai un personaxe Zero, que nos resulta pouco simpática, xa que nos recordaba a Lola de “Nata y Chocolate”, ambas abusonas e pouco amables.
No libro hai  moitas frase bonitas, pero nós destacarimos: “Ler é máxico, axuda a medrar, a viaxar…”.
Reflexións:
Saber traballar en equipo é moi importante. A Internet resulta moi útil e gústanos moito, pero pode ser perigosa, hai que ser responsables.
Rematamos recibindo unha agradable noticia: Estamos convidados polos anciás do Centro de día  a pasar un anaco de tempo con eles.¡ Estamos preparando unha sorpresa!.