Esta semana tivemos a xuntanza para falar de Tom e do fantasma, Hugo, que descubre no sótano da súa casa. Recurre a Eloína Comino para que lle axude , pero a medida que vai coñecéndoo, fanse amigos e termina axudándolle a recuperar a mansión donde vivía.
Durante a lectura deste libro conseguimos participar das aventuras desta historia e descubrir algúns trucos para desfacernos dos fantasmas. Comentaron que lles pareceu unha historia moi ben plantexada e que lles fixo pasar moi bos ratos.
A historia gustoulles moito e convertíronse en verdadeiros especialistas de fantasmas, especialmente David e Pablo. Ten moitos episodios graciosos e cada un falou do seu capítulo favorito.Se vos gusta ler, animádevoooooos!
Será unha experiencia fantasmagóricaaaaaaaaa!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario