miércoles, 20 de mayo de 2015

O RAIO VELOZ

                             

A semana pasada xuntámonos para falar sobre este libro.Empezamos saboreando o bizcoito de chocolate, recordando deste xeito ao protagonista cando falaba das virtudes deste producto, "facer feliz á xente". Lóxicamente xa descubrimos porque o seu libro favorito é "Charlie e a fábica de chocolate".

Gustoulles   o principal obxectivo de Adrián cando buscaba un traballo:  conseguir a felicidade da xente.

Definírono como unha persoa boa, amable, noble e de bo corazón, e a Rosa como graciosa, activa e moi simpática. Atoparon algunhas semellanzas entre os protagonistas, aos dous gustáballes a poesía e compartían o gusto polo mesmo autor, Paul Eluard. Deixámosvos un enlace por se queredes coñecer algún máis:

Poemas de Paul Eluard

Máis poemas


Disfrutaron cando cambiaba as mensaxes para facer feliz á xente. Para uns o mellor foi cando cambiou as notas dos alumnos, para outros, , cando axudou á reconciliación dos namorados e para algúns máis cando cambiou o contido da cesta daquela muller.

Fragmentos que lles gustaron:


  • A Ana e Aitana: "Cada persoa ten unha vida diferente, chea de historias que me encantaría descubrir", pensaba."Historias tristes ou alegres, pero sempre tan fascinantes coma a mellor das novelas".
  • Ceci:"¿Nunca oíches dicir que o amor de verdade só se presenta unha vez na vida?"
A Noa encantoulle un dos poemas de Paul Eluard:

        Non se pode coñecer
        mellor do que me coñeces.
        Non se che pode coñecer 
        mellor do que te coñezo.


O libro está cheo da maxia. Todos disfrutamos co libro, coas ilustracións, coas adiviñas e incluso cos xeroglíficos.

 

martes, 28 de abril de 2015

NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES NO 2º CLUB DE LECTURA







Nesta ocasión tamén lemos o primeiro libro de Nata y Chocolate para poder entender mellor aos personaxes.Falamos de Sonia, do seu amigo Juan  e da súa valentía cando decide investigar e axudar a Pedro. O maltrato que sufren él e a súa nai, foi un dos temas que máis lles impactaron. Reflexionamos sobre casos de malos tratos que coñecían e sobre a violencia de xénero en xeral.Ana e Amalia falaron dun caso de malos tratos que sufría unha veciña e como acabou suicidándose, do duro que ten que ser vivir unha situación deste tipo. Falamos do importante que é axudar aos demáis cando alguén  ten problemas. 
  
 Outros dos valores que descubrimos dentro desta historia son a amizade e o amor pola lectura..


Algunhas das frases que lles gustaron foron:
  • "Más vale lo malo conocido que lo bueno por conocer"(Arlette)                   
  • "¡Qué orgulloso sigo estando de todos vosotros, queridos descerebrados!"(Cecilia)
  • "Nadie que te agrede y que te hace daño puede seguir contigo. Una pareja es feliz creando un hogar feliz para ellos y para sus hijos."(Aitana, Ana...)
Un libro que vos recomendamos, no que se fala non só dos malos tratos senón tamén dos primeiros amores.






domingo, 29 de marzo de 2015

ESTRENÁMONOS CO 2º GRUPO DO CLUB DE LECTURA



Despois destos meses, escoitando aos nosos compañeiros falando dos libros do club e das xuntanzas...
Por fin chegou o día!!!
Falamos do libro Chamádeme Simbad. Un libro que fala da especial relación que existe entre un neto e o seu avó, e das consecuencias da enfermidade do Alzheimer vistas por un neno de 10 anos.
Pareceunos a todos un libro cheo de valores e tenrura polo que vos animamos a lelo.

jueves, 12 de febrero de 2015

VISITAMOS O CENTRO DE DÍA










Por fin chegou o día!Fomos con moita ilusión e eles esperábannos tamén con entusiasmo .
Compartimos xuntos un anaquiño de tempo no que despois dunha breve presentación por parte de Noé e Quique, comezamos  a lectura do libro “A meiga Dona Paz” e diferentes poesías escritas polas nosas poetisas Carla, Aroa, Sara,Ainhoa, Alba, Carolina e Mara.


Eles tamén nos tiñan preparado un PAZEDARIO que seguimos completando entre todos.
Cantamos a canción de Diego Torres “ COLOR ESPERANZA”. Para finalizar  invitáronnos a merendar.Que rico,non só a merenda senón tamén o ambiente que creou!



Foi unha agradable experiencia que xa estamos desexando REPETIR.

NORABOA RAPACES POR SER TAN SOLIDARIOS E CARIÑOSOS COS MAIORES!!





miércoles, 28 de enero de 2015

jueves, 18 de diciembre de 2014

XOELIKI: AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA





Nesta xuntanza falamos de Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, con texto e ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro. Aventuras moi actuais,, dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto.   É moi afeccionado aos videoxogos, tendo incluso unha relación de amizade virtual.
O tema  resultounos moi  atractivo. A todos nos gusta Internet; o que nos levou a falar sobre o control e responsabilidade necesarios no seu uso.
Para todos resultou moi entretido, e a súa lectura resultoulles fácil, aínda que o final sexa o que menos lle gustou.

Resulta moi axeitado tamén  que alumnado e lectores teñan a posibilidade de chegar ao libro a través da rede, posto que conta coa súa propia páxina web,www.xoeliki.com., onde se pode  acceder a cada un dos personaxes,  aos autores,  e mesmo convidarannos a formar parte dun foro e sermos da súa Rede Social Tesouros Piratas. Algo que vai encantar.
As ilustracións que acompañan o texto tamén lles impactaron por seren moi especiais, cunha cor que nun principio podía chocarlles pero conincidiron en que era o máis axeitado..