Mostrando entradas con la etiqueta Xoeliki. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xoeliki. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de mayo de 2020

DESPEDIDA POR VIDEOCONFERENCIA CON XOELIKI



Debido as circunstancias que nos rodearon tivemos que deixar de facer as xuntanzas presenciais para comentar as lecturas, pero non por iso deixamos de ler e  buscamos a maneira de poder comentar xunt@s o libro.

Unha videoconferencia foi a solución, así que o venrés 29 de maio en horario de 11:15h a 12:00h estivemos falando sobre el.

Estas foron as nosas conclusións:

Xana: “ Pareceume irresponsable que Xoeliki andivera facendo cousas sen que a súa nai o soubera, podía pasarlle algo malo.

Resultoume curioso que a historia transcorra en dous días ”.

Cristian: “Pareceume que podían explotar máis ao personaxe de Ari.

 Non se me ocorre como pudo resolver dunha forma tan sinxela o grave problema.

Case que parece un diario”.

Candela: “ A min chamoume a atención especialmente  o personaxe de Ari, tan misteriosa e rara”

África: “ O final é estraño, todo se resolve de forma moi rápida”.

Xurxo: “ Parecíame raro que un neno que non sabe de informática resolva o problema e salve Internet”

Emma Alen:” A min vénseme a cabeza Xoeliki e un montón de ordenadores”.

Enma Barcia: “ Creo que a portada, chama a atención e logo daste conta que é a única imaxe que ten cor”.

Coincidimos tod@s  en que é un libro moi ameno, onde podes aprender palabras relacionadas coa informáticas e cuns debuxos moi acordes co tema do libro, como querendo simular un xogo online.

Reflexionamos sobre o uso de Internet, que é bo, pero que pode resultar perigoso.

Foi un pracer compartir e desfrutar este club con todos vós e animámosvos a que sigades lendo, onde sexa, pero lendo moito.

Grazas.

Moita sorte,  agardamos  vervos  pronto.

Unha aperta.


miércoles, 12 de febrero de 2020

DESPEDIDA DO PRIMEIRO GRUPO DO CLUB DE LECTURA CON XOELIKI




Coa lectura do libro “Xoeliki” de Abraham Carreiro rematamos as lecturas o primeiro grupo.

Gustáronnos moito frases como estas:
  • “ A tecnoloxía é marabillosa, máis os libros de papel…”
  • “ Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar…”
  • “ Hai que aprender gozando”

Opinamos que:
  • É un libro moi interesante ao tratar das novas tecnoloxías, onde aparece      vocabulario específico, algunhas palabras non as coñeciamos.
  •  Danos a entender que as novas tecnoloxías son necesarias, pero que non deben substituír aos libros, o pracer de cheiralos, de pasar as follas… é inmenso, non se pode perder.
  •  Axudounos a entender que navegar por internet é moi útil, pero que hai que ser moi prudentes.
  •  Pensamos como Xoeliki e os da escola pirata, que internet debería ser libre e gratis para tod@s.

Tiñamos tantas cousas que dicir, que non nos deu tempo a dicilo todo.

Para rematar, como reflexión sobre estar nun grupo de lectura, coincidimos en que é unha actividade moi interesante e enriquecedora, aprendemos dos demais,       perdemos o medo a dar a nosa opinión en público, e sobre todo, DISFRUTAMOS LENDO.

Démoslle a benvida ao segundo grupo, comezamos co libro” Chamádeme Simbad”.


jueves, 22 de junio de 2017

XOELIKI NO CLUB DE LECTURA

Empezamos  lendo o resumo Sheila. Yeray comentounos que entrou na páxina de Tesouros Piratas e que era certo que Xoeliki tiña o record no videoxogo Real Fantasy.
Sorprendeunos que Barbabranca tivese unha pata de pau cando iso xa non se ve nestos tempos. No seu despacho non había ordenadores pero si moitos libros e flores. Algo realmente raro se4 é o director dunha escola de ciberpiratas. Sorprendeunos o feito de que Maverick estivera lendo un libro de papel e non un  e-reader cando quedou con Xoeliki. Sheila comenta que lle gustan máis os libros de papel, e que incluso hai algúns con olores. Para Laura, un libro novo ten un cheiro especial, a novo e a papel, como dice Maverick:

"A tecnoloxía e marabillosa, máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos..."

Comparamos a escola na que estudaba Xoeliki coa Escola Pirata. Na escola Pirata os rapaces aprenden divertíndose , cousa que na de Xoeliki non é así. Traballan en equipo porque " multiplica as ideas, os coñecementos  e as capacidades de forma exponencial".

Aitana considera que é bo traballar en equipo. Para Sheilka non é bo estar sempre argallando coas novas tecnoloxías. Yeray pensa que ser pirata non é nada malo. A Iza gustoulle moito, pareceulle entretido e divertido.

Outras frases que nos gustaron foron :
  • "Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..." (Pax 41)
  • "Non hai nada como aprender gozando" (Pax 54)
O final do libro pareceunos un pouco precipitado pero aínda así recomendámosvos a súa lectura.

domingo, 29 de enero de 2017

XOELIKI. AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA


Empezamos a xuntanza lendo Aida un anaco da páxina 41 na que se fala dos libros e da lectura:

"A tecnoloxía é marabillosa , máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos(...)Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..."

Álex fixo un pequeno resumo do libro e a continuación a profe Ángeles preguntou a que nos axudan os libros. Zaida comentou que para ela é coma se estiveses vendo unha película. Comentamos que ás veces fanse películas  pero que en moitas ocasións resultan mellores os libros.

Definimos aos personaxes cun adxectivo:
        *Ari para Carla é tímida,  para Zaida é unha pesada e para Evelin valente e intelixente.
        *De Xoel, Carla di que era introvertido e Janet que é tímido.

Sobre a Escola Pirata, Lucía comenta que loitaban por unha internet libre, sen límites e gratuíta. Carla comenta que debería haber límites para os nenos xa que hai páxinas ás que eles non deberían ter acceso. Álex opina o contrario. A maioría non temos acceso libre, estamos controlados polos nosos pais.

En canto as ilustracións do libro, Aida fala da cor, todas son brancas e moradas e Adrián pensa que non son nada orixinais ao empregar só dúas cores.

Case sen darnos conta tocou o timbre. Saímos da biblioteca co seguinte libro no peto: "La lección de August". Un libro qué promete!!!!




jueves, 18 de diciembre de 2014

XOELIKI: AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA





Nesta xuntanza falamos de Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, con texto e ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro. Aventuras moi actuais,, dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto.   É moi afeccionado aos videoxogos, tendo incluso unha relación de amizade virtual.
O tema  resultounos moi  atractivo. A todos nos gusta Internet; o que nos levou a falar sobre o control e responsabilidade necesarios no seu uso.
Para todos resultou moi entretido, e a súa lectura resultoulles fácil, aínda que o final sexa o que menos lle gustou.

Resulta moi axeitado tamén  que alumnado e lectores teñan a posibilidade de chegar ao libro a través da rede, posto que conta coa súa propia páxina web,www.xoeliki.com., onde se pode  acceder a cada un dos personaxes,  aos autores,  e mesmo convidarannos a formar parte dun foro e sermos da súa Rede Social Tesouros Piratas. Algo que vai encantar.
As ilustracións que acompañan o texto tamén lles impactaron por seren moi especiais, cunha cor que nun principio podía chocarlles pero conincidiron en que era o máis axeitado..

sábado, 25 de febrero de 2012

XOELIKI. AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA





Este mes rematamos as xuntanzas do primeiro club de lectura con Xoeliki, e con este mesmo libro decidimos empezar co segundo club xa que o vindeiro venres 2 disfrutaremos da presencia dun dos seus escritores que ademáis é o ilustrador, Abraham Carreiro.
Falamos do libro, dos seus personaxes, dos riscos de internet...
Os dous grupos leron as súas frases favoritas nas que coincidiron moitos deles:

"A tecnoloxía é maravillosa máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos..."
( Pg. 40)
"Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..."(Pg.40)
"Non hai nada como aprender gozando cada día" (Pg.54)


Florencia quixo facer referencia a unha frase sobre a importancia do traballo en equipo:
"...o traballo en equipo... Multiplica as ideas, os coñecementos e as capacidades de cada un de forma exponencial" (Pg. 83)

Oihán quixo darlle un toque humorístico lendonos unha das mensaxes electrónicas de Xoeliki coa súa amiga virtual:
"Túa nai é como Mortadelo, transfórmase cada día!!..."(Pg 6)

Animámosvos a todos a ler esta historia pois a todos nos nos gustou e xa estamos desexando ler a segunda parte que xa sabemos que está a piques de saír.

Se queredes saber máis sobre o libro e os seus escritores clicade na seguinte imaxe: