Mostrando entradas con la etiqueta Agustín Fernández Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agustín Fernández Paz. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de octubre de 2016

XA ESTAMOS EN MARCHA



Este vindeiro luns, día 9, teremos a  xuntanza de presentación do club de lectura. 
Repartiremos o primeiro título "O RAIO VELOZ". A seguinte xuntanza para falar do libro será o 31. Un libro cheo de humor e de misterio.

Non volo perdades!!!

miércoles, 20 de mayo de 2015

O RAIO VELOZ

                             

A semana pasada xuntámonos para falar sobre este libro.Empezamos saboreando o bizcoito de chocolate, recordando deste xeito ao protagonista cando falaba das virtudes deste producto, "facer feliz á xente". Lóxicamente xa descubrimos porque o seu libro favorito é "Charlie e a fábica de chocolate".

Gustoulles   o principal obxectivo de Adrián cando buscaba un traballo:  conseguir a felicidade da xente.

Definírono como unha persoa boa, amable, noble e de bo corazón, e a Rosa como graciosa, activa e moi simpática. Atoparon algunhas semellanzas entre os protagonistas, aos dous gustáballes a poesía e compartían o gusto polo mesmo autor, Paul Eluard. Deixámosvos un enlace por se queredes coñecer algún máis:

Poemas de Paul Eluard

Máis poemas


Disfrutaron cando cambiaba as mensaxes para facer feliz á xente. Para uns o mellor foi cando cambiou as notas dos alumnos, para outros, , cando axudou á reconciliación dos namorados e para algúns máis cando cambiou o contido da cesta daquela muller.

Fragmentos que lles gustaron:


  • A Ana e Aitana: "Cada persoa ten unha vida diferente, chea de historias que me encantaría descubrir", pensaba."Historias tristes ou alegres, pero sempre tan fascinantes coma a mellor das novelas".
  • Ceci:"¿Nunca oíches dicir que o amor de verdade só se presenta unha vez na vida?"
A Noa encantoulle un dos poemas de Paul Eluard:

        Non se pode coñecer
        mellor do que me coñeces.
        Non se che pode coñecer 
        mellor do que te coñezo.


O libro está cheo da maxia. Todos disfrutamos co libro, coas ilustracións, coas adiviñas e incluso cos xeroglíficos.

 

jueves, 28 de enero de 2010

CUARTA XUNTANZA: AS FLORES RADIOACTIVAS







Co segundo grupo tamén tivemos a cuarta xuntanza, neste caso para intercambiar opinións e comentarios sobre "As flores radioactivas".

En liñas xerais comentaron que non foi un dos seus libros favoritos. A historia non foi moi amena para eles pero si lles interesou a documentación sobre os vertidos na fosa atlántica, que aparecían no final do libro. De feito Aitor investigou máis a fondo sobre o tema e quixo compartir con nós a información que conseguiu. Pedro aportounos información sobre a organización ecoloxista á que pertencía o irmá da protagonista, ADEGA, xa que quixo comprobar se era real.

Soraya e Carla comentaron sobre algunhas películas nas que tamén se trataba os efectos da radioactividade.
Falamos da importancia de coidar o noso planeta, recordamos que todos podemos ser héroes e heroínas, nesta misión da que depende esa entrañable anciá que chamamos Terra, todos e todas podemos poñer o noso pequeno gran de area.

Nesta xuntanza tamén celebramos o cumple de Pedro, que tal e como nos prometeu trouxo as rosquillas que fixeron na casa.

domingo, 17 de enero de 2010

CUARTA XUNTANZA: A ESCOLA DE PIRATAS






Esta pasada semana xuntámonos para falar, co primeiro grupo sobre "A escola de piratas".

Tivo moi boa acollida. Falouse sobre o importante que era saber sobrepoñerse ante situacións difíciles e como o traballo en equipo axuda a superalas.

A Mar e Natalia encantoulles sentir, nesta historia, o poder da fantasía e da imaxinación para cambiar o mundo, a realidade.

Comentaron como a directora deste colexio lle recordaba á de Matilda.Non lles gustou o desprecio que fai a directora pola lectura:

"Pois se queren ampliar que o fagan nas súas casas; isto é un colexio non unha biblioteca...Ler contos non entra no programa. E tampouco que os nenos os inventen, esa si que é a maneira máis parva de perder o tempo"(Pax.26)

Por outra banda o fragmento que máis lle gustou foi:

"A imaxinación ten un poder moito maior do que se cre. Ben mirado, é a única forza capaz de cambiar o mundo. E se actúa de forma conxunta, aínda moito máis"(Pax117)
Por unanimidade déronlle un 10 a este libro.

lunes, 4 de enero de 2010

PRÓXIMA XUNTANZA

Non vos esquenzades nestas vacacións de rematar os libros escollidos para este mes pois xusto á volta xa temos as xuntanzas.


Mércores 13, o primeiro grupo co libro A escola de piratas de Agustín Fernández Paz.

Xoves 14, o segundo grupo co libro As flores radioactivas tamén de A gustín Fernández Paz.


Se queredes saber algo máis do escritor destas dúas obras clicade na seguinte imaxe

viernes, 1 de enero de 2010

A ESCOLA DE PIRATAS

Este libro, trata dunha clase que de súpeto se converte nun barco pirata, fala do tema das relacións entre o profesorado e o alumnado.
Nun momento do libro fan referencia ao principio de Arquímides e, por se alguén quere saber máis sobre este principio, invítovos a ver este vídeo.

domingo, 15 de marzo de 2009

O RAIO VELOZ NO CLUB DE LECTURA



A semana pasada xuntámonos para falar sobre este libro. Foron moitos e moi diversos os temas e comentarios que foron xurdindo.

Empezamos saboreando o bizcoito de chocolate, recordando ao protagonista cando falaba das virtudes deste producto, "facer feliz á xente". Non é de estrañar que o seu libro favorito sexa "Charlie e a fábica de chocolate".

Chamoulles a atención descubrir que o principal obxectivo de Adrián cando buscaba un traballo era conseguir a felicidade da xente.

Definirono como unha persoa boa, amable, noble e de bo corazón, e a Rosa como graciosa, activa e moi simpática. Atoparon algunhas semellanzas entre os protagonistas, aos dous gustáballes a poesía e compartían o gusto polo mesmo autor.

Disfrutaron cando cambiaba as mensaxes para facer feliz á xente. Para uns o mellor foi cando cambiou as notas dos alumnos, para outros, como Soraya, cando axudou á reconciliación dos namorados e para Mélany e algúns máis cando cambiou o contido da cesta daquela muller.

O libro está cheo da maxia. Entre eles incluso comentaron momentos reais nos que eles tamén puideron axudar a algunha persoa.

Todos disfrutamos co libro, coas ilustracións, coas adiviñas e incluso cos xeroglíficos.

miércoles, 18 de febrero de 2009

O RAIO VELOZ



Este mes estamos lendo este libro de Agustín Fernández Paz, como un xeito de homenaxealo pola súa intensa actividade literaria..


Foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.


Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só pola cantidade de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas ( castelán, catalán, éuscara, portugués, asturiano, francés, árabe e coreano), e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY.

Neste libro fai o retrato dun mozo, algo raro para estes tempos, porque non quere unha casa grande, nin un coche potente, nin viaxar a luxosos hoteis.
Busca un traballo xeitoso no que poida axudar á xente.
Cando Adrián entrou a traballar na empresa de mensaxaría O Raio Veloz, non podía imaxinar o que o agardaba. Montado na súa moto de repartición, Adrián vivirá aventuras insólitas. E a maior chegará cando comece a recibir na súa casa unha serie de mensaxes misteriosas. ¿Quen llas envía e para que?
Unha historia de amor onde o protagonista, querendo cambiar o mundo, axuda a todo aquel que o necesita e ao final, sen buscalo, recibe todo o amor entregado.