miércoles, 28 de enero de 2015

jueves, 18 de diciembre de 2014

XOELIKI: AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA





Nesta xuntanza falamos de Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, con texto e ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro. Aventuras moi actuais,, dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto.   É moi afeccionado aos videoxogos, tendo incluso unha relación de amizade virtual.
O tema  resultounos moi  atractivo. A todos nos gusta Internet; o que nos levou a falar sobre o control e responsabilidade necesarios no seu uso.
Para todos resultou moi entretido, e a súa lectura resultoulles fácil, aínda que o final sexa o que menos lle gustou.

Resulta moi axeitado tamén  que alumnado e lectores teñan a posibilidade de chegar ao libro a través da rede, posto que conta coa súa propia páxina web,www.xoeliki.com., onde se pode  acceder a cada un dos personaxes,  aos autores,  e mesmo convidarannos a formar parte dun foro e sermos da súa Rede Social Tesouros Piratas. Algo que vai encantar.
As ilustracións que acompañan o texto tamén lles impactaron por seren moi especiais, cunha cor que nun principio podía chocarlles pero conincidiron en que era o máis axeitado..

lunes, 17 de noviembre de 2014

¡NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES!




 Estabamos un pouco nerviosos porque era o o noso primeiro día. Foi unha xornada que nos pasou voando.
Falamos de Sonia,que xa non é a rapaza marxinada da clase e que conseguiu superar a súa timidez, da súa valentía cando decide investigar e axudar a Pedro.Comentamos sobre o maltrato que sufren él e a súa nai, e ,a raíz disto, sobre a violencia de xénero.
  
A amizade, o interese pola lectura e o amor son algúns dos valores que descubrimos dentro desta historia.

Alba falou do importante que é axudar aos demáis cando alguén non ten problemas. Carolina incluso decidiu inmortalizar a Nata no seu caderno.
Algunhas das frases que lles gustaron foron:

  • "¡Nata y Chocolate  invencibles!"
  • "A veces resolver las cosas pequeñas ayuda a solucionar las grandes"
  • "Nadie que te agrede y que te hace daño puede seguir contigo. Una pareja es feliz creando un hogar feliz para ellos y para sus hijos."
Todos coincidimos en que é unha historia preciosa e que recomendaremos sen dubidalo. 



viernes, 10 de octubre de 2014

XA TEMOS EN MARCHA O NOSO CLUB DE LECTURA


  Un ano máis temos en marcha o noso club de lectura. Debido á cantidade de solicitudes tivemos que formar dous grupos. Xa nos presentamos e escollemos entre todos e todas as lecturas para este curso.
Todos con moitas gañas de empezar a compartir as lecturas e a paixón por elas.


O primeiro libro co que empezaremos será:

¡Nata y Chocolate invencibles!

miércoles, 4 de junio de 2014

CINE NA BIBLIOTECA





Esta semana pasada xuntámonos para disfrutar unha tarde de cine con palomitas. Os dous clubs xuntáronse para ver "CORAZÓN DE TINTA", baseada na obra de Cornelia Funke. Moitos xa están desexando  empezar  a ler o libro este verán. 

Foi unha tarde inolvidable!

domingo, 18 de mayo de 2014

BALA PERDIDA




 Bala Perdida, Rai, Rosa e algúns dos outros personaxes foron o centro da nosa xuntanza..
Comentamos sobre os xudeus e os campos de exterminio, tamén de San Andrés de Teixido donde transcurre a historia.

 Falamos dalgunhas  comparacións que utiliza o escritore que lles resultaron moi simpáticas:

"Cando as baleas se acatarran, tusen coma os vellos do asilo"
"Tiradentes agarraba o timón como un volante de Fórmula 1"...

Entre as frases que máis lle gustaron estaban:

"O home é un ser feble ... coma a liberdade" (Px 119)
"A frecha do tempo vai facendo un camino. Se a forzamos ao noso capricho, crávase no peito."
(Px 111)

 Un libro de intriga que tarda un pouco en engancharte pero unha vez que empezas non eres capaz de parar.

domingo, 4 de mayo de 2014

AI MAMASIÑA QUE MEDO!







Unha vez máis xuntámonos para falar de libros, e neste caso do libro deste mes, AY MAMASIÑA QUE MEDO. Unha historia que fixo divertirse a todos e todas mentras a lemos. Para moitos foi a primeira vez que leron teatro.

Falamos da mestura de elementos actuais con outros que non teñen que ver co noso mundo
 o que lles resultaba moi divertido.Chincheta estudia novas tecnoloxías, teñen que levar a vasoira a ITV...

Aparecen adiantos técnicos que lles sorprenden coma a vasoira da bruxa que ten tren de aterraxe, piloto automático, motor de arranque ou depósito de combustible.

Tamén lles sorprendeu a rapidez coas que cambiamos de emocións provocando a risa  como cando a bruxa acaba de asustarse co morcego que lle conta o pavoroso que é o seu señor e a continuación dóese del cando lle di que está enfermo.

Analizamos  as esaxeracións entendéndoas como recursos humorísticos e poéticos: 

 «O xigante é descomunal.Faise noite só coa súa sombra».

As imaxes tamén nos fascinaron e descubrimos que nos aportaban información da que non aparecía no texto. 

Animámosvos a que leades esta obra  xa que pasaredes un bo rato e teredes as risas garantizadas.