Mostrando entradas con la etiqueta Bala Perdida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bala Perdida. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de mayo de 2014

BALA PERDIDA




 Bala Perdida, Rai, Rosa e algúns dos outros personaxes foron o centro da nosa xuntanza..
Comentamos sobre os xudeus e os campos de exterminio, tamén de San Andrés de Teixido donde transcurre a historia.

 Falamos dalgunhas  comparacións que utiliza o escritore que lles resultaron moi simpáticas:

"Cando as baleas se acatarran, tusen coma os vellos do asilo"
"Tiradentes agarraba o timón como un volante de Fórmula 1"...

Entre as frases que máis lle gustaron estaban:

"O home é un ser feble ... coma a liberdade" (Px 119)
"A frecha do tempo vai facendo un camino. Se a forzamos ao noso capricho, crávase no peito."
(Px 111)

 Un libro de intriga que tarda un pouco en engancharte pero unha vez que empezas non eres capaz de parar.

jueves, 28 de mayo de 2009

XUNTÁMONOS CON BALA PERDIDA





Durante esta xuntanza falamos sobre Bala Perdida, Rai, Rosa e algúns dos outros personaxes.
Según a maioría é un libro que tarda un pouco en engancharte pero unha vez que empezas non eres capaz de parar, como lle pasou a Carla que tivo que lelo enteiro nun día.
Falaron sobre os xudeus e os campos de exterminio, algúns incluso lembraron algún libro que falaba deste tema como é o Libro de Ana Frank.
San Andrés de Teixido tamén aparece no libro polo que comentamos sobre o que sabían eles deste sitio. Resultáronlle moi simpáticas algunhas das comparacións que utiliza o escritor:

"Tiradentes agarraba o timón como un volante de Fórmula 1"...

Para eles non era un pirata normal, era un pirata con corazón e con escrúpulos. Como ben dixo
Carla Bala Perdida é coma unha tartaruga, dura por fora e blanda por dentro.

Este vai ser un libro que lles vai deixar recordos, e como ben dixo Pedro incluso algunha expresión como "Cachis na tos!!" , xa acotuman a dicilo dun xeito natural.

sábado, 28 de marzo de 2009

BALA PERDIDA



Mauel Rivas sitúanos esta historia nunha pequena cidade chamada Atlán, na Costa da Morte. O heroe, Bala Perdida, un pirata con pata de pao, posúe unha estricta conciencia que lle obriga a devolver un tesouro tinguido de sangue: o ouro que os nazis roubaron ós xudeus. Bala Perdida contacta coa redactora dun xornal de Atlán, o Celtic News, Rosa Ribeiro O´Flaherty, para que o axude. Tras moitas aventuras, o tesouro volve a mans dos seus verdadeiros donos e ademais descóbrese que o pirata agocha un bo corazón e moitos lazos que o unen a Rosa.

Un precioso e poético relato dun pirata con escrúpulos e unha xove periodista sin pelos na línngua, que nos transportará á maxia e ao misterio.