lunes, 30 de enero de 2012

VERO Y EL FANTASMA DE CANTERVILLE



.
Durante estas semanas puidemos adentrarnos no oscuro castelo no que vive o fantasma de Canterville.Acompañamos a Verónica nesta nova viaxe e descubrir que algo estrano ocurre nel. Tiña que atopar o segredo que nel esconde este fantasma. Para levar a cabo esta tarefa ela non lle ten medo á oscuridade do lugar. Verónica consigue develar o misterio, e nós con ela.

Se ti queres sabelo, adéntrate nesta entretida historia que che recomendamos.

Nesta xuntanza falamos das partes do libro que máis nos gustaron, sobre os personaxes... e tamén sobre a linguaxe utilizada, facendo especial atención sobre a cantidade de frases feitas que aparecen:

"Aquí paz y después gloria"(Pg 33)
"Sire tanto para un roto como para un descosido" (Pg 33)
"... a lo hecho, pecho" (Pg 37)
"... como Pedro por su casa"

Despois de ler este libro xa todos estamos desexando ler o libro de Oscar Wilde "O fantasma de Canterville". Algúns xa o colleron na Biblioteca municipal, como é o caso de Jorge, e outros están desexando que chegue á nosa biblioteca.
Se queredes un pequeno adianto clicade enriba desta portada.




miércoles, 30 de noviembre de 2011

NATA Y CHOCOLATE, UN LIBRO SOBRE ACOSO ESCOLAR


Este mes estamos lendo "Nata y Chocolate". O éxito está sendo tan grande que xa sei que moitos de vos xa rematáchedes. Como moi ben dicides é un libro que cando o empezas ler non podes parar.Ás profes pasounos exactamente o mesmo.
Para os que todavía non tivéchedes a oportunidade de lelo non vola podedes perder .

Conta a historia de Sonia, unha nena calada, triste e solitaria. Os seus compañeiros non paran de meterse con ela por ser albina; Lola incluso obligaa a facerlle os deberes. Ninguén parece darse conta desta situación ata que chega ao centro unha nova profesora e decide cambiar esta situación .

Sonia, é unha nena albina. Para os que queirades saber algo máis sobre esta enfermidade : en qué consiste, qué coidados teñen que ter coa súa pel , qué particularidades teñen na súa vida diaria… podedes clicar enriba desta imaxe.



Xa sabemos que disfrutáchedes co libro, agora chega o momento de disfrutar tamén buscando información.

Preparados, listos... XA!!!

sábado, 19 de noviembre de 2011

VIAXANDO NO TEMPO COS MEGATOXOS








Este xoves pasado xuntámonos para falar dos Megatoxos e do aprendiz de Druída. Foi unha sesión chea de entusiasmo, todos querían participar cos seus comentarios e opinións. Falamos dos poderes especiais dos protagonistas e tamén dos celtas, pobo ao que viaxan, e sobre o que investigaron algúns dos membros do club. Todo esto acompañado de diferentes doces feitos por eles mesmos para a ocasión. Gustoulles poder acompañar aos Megatoxos nesta viaxe no tempo e xa están desexando ler as seguintes aventuras destes rapaces e rapazas.

viernes, 4 de noviembre de 2011

COMEZAMOS COS MEGATOXOS





Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa apenas se coñecen cando empezan o curso, pero algo sucede e fará que as súas vidas cambien para sempre.Teñen máis cousas en común do que eles pensaban. Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros viaxando polo tempo en busca de respostas, na terra dos seus antergos...os celtas.

Se queredes saber máis podedes clicar na imaxe e deixar os vosos comentarios.

Anxo Fariña, o seu escritor e ilustrador visitounos fai uns anos, deixounos algunhas ilustracións que hoxe presiden a nosa biblioteca, e incluso invitounos a presentación do libro.


Este é o inicio dunha fantástica viaxe que continuará ... Non vos poderedes perder os seguintes títulos.

domingo, 9 de octubre de 2011

XA ESTAMOS EN MARCHA



O Club de Lectura xa está en marcha dende esta semana. Este curso nos reuniremos en dous grupos xa que sodes 36, xuntarémonos un xoves ao mes no recreo. Nestes encontros intercambiaremos ideas, opinións ....

Na primeira xuntanza xa coñecíchedes os títulos que imos traballar e como. As vosas caras iluminaban entusiasmo cando colléchedes nas mans o primeiro libro co que imos empezar, desexamos que non o perdades nunca, o entusiasmo!.

Benvidos ao CLUB DE LECTURA BIBLIOBREY!!!

lunes, 27 de junio de 2011

DESPEDIDA E ROTEIRO LITERARIO POLO TEA















Para despedida, o club de lectura disfrutou dun roteiro literario polo río Tea.Leímos diferentes poemas de Javier Heraud, dedicados ao río, e incluso un escrito por María Portela, membro do noso club.
E...o bizcoito de chocolate tampouco podía faltar.Houbo entrega de diplomas e un folleto de recomendacións de "libros con sabor a chocolate".



A continuación deixámosvos algúns dos comentarios sobre o seu paso polo club de lectura:

"A oportunidade de ler libros , compartir opinións, entrar no mundo da fantasía, pasalo ben e compartilo cos demáis"
"Unha nova experiencia que me aportou máis coñecementos"
"Relacionarme con xente que comparte o meu afán polos libros e poder comentalos con eles"
"Falar de temas interesantes "
"Unha experiencia , onde podes expresar a túa opinión e compartila cos demáis"

Cando empezamos a organizar esta última xuntanza e ao saber que íamos ao río, María decidiu escribir un poema no que reflexiona sobre a contaminación do río.




O RÍO


O río levaba auga,


o río levaba calma.


O río levaba troitas,


o río levaba moitas.


Agora o río leva contaminación,


agora o río estará en extinción.


Un día camiñando


escoitei ao río chorando,


Pregunteille que pasaba,



o río choraba e choraba.



A contaminación


é para min unha destrucción,


contou o río con depresión.


Non teño mans


para arranxar


este mal que está a pasar.



Nenos e nenas,



nas vosas mans está


o poder de axudarme

a reparar este mal.








jueves, 26 de mayo de 2011

CHAMÁDEME SIMBAD






O avó fai cousas moi raras. Esquécese de todo e cámbialle o nome a todo o mundo, incluso ao seu neto que lle chama Simbad o Mariñeiro. Él é o único que entende ao avó e cando as cousas se poñen feas será o que sepa como actuar.

Falamos sobre o pai de Paulo, un home moi ocupado polo seu traballo, que coloca por enriba de todo o seu traballo, incluso da súa familia.

Reflexionamos sobre o alzheimer e incluso intercambiamos experiencias xa que varios membros do club temos familiares con esta doenza. Sandra tamén investigou na casa sobre o tema e trouxonos os seus descubrimentos.

Ao final o avó vai ir a un "Centro de día", e falamos sobre a visita dos "maiores" do Centro de Día do noso concello ao noso centro nestes días.

Son moitos os valores que se traballan neste libro: o respeto polos maiores, a comprensión da enfermidade, as relacións entre as diferentes xeracións, os roles do home e da muller tradicionais, a literatura como xeito de liberación...


Aqui vos deixamos un dos pasaxes máis emotivos de Paulo co seu pai:

"Cando sexas velliño e non poidas nin cortar a comida nin vestirte nin nada, eu, xúrocho! ... eu sempre estarei ao teu lado para coidarte."

É un libro para ler e reler.