jueves, 26 de mayo de 2011

CHAMÁDEME SIMBAD






O avó fai cousas moi raras. Esquécese de todo e cámbialle o nome a todo o mundo, incluso ao seu neto que lle chama Simbad o Mariñeiro. Él é o único que entende ao avó e cando as cousas se poñen feas será o que sepa como actuar.

Falamos sobre o pai de Paulo, un home moi ocupado polo seu traballo, que coloca por enriba de todo o seu traballo, incluso da súa familia.

Reflexionamos sobre o alzheimer e incluso intercambiamos experiencias xa que varios membros do club temos familiares con esta doenza. Sandra tamén investigou na casa sobre o tema e trouxonos os seus descubrimentos.

Ao final o avó vai ir a un "Centro de día", e falamos sobre a visita dos "maiores" do Centro de Día do noso concello ao noso centro nestes días.

Son moitos os valores que se traballan neste libro: o respeto polos maiores, a comprensión da enfermidade, as relacións entre as diferentes xeracións, os roles do home e da muller tradicionais, a literatura como xeito de liberación...


Aqui vos deixamos un dos pasaxes máis emotivos de Paulo co seu pai:

"Cando sexas velliño e non poidas nin cortar a comida nin vestirte nin nada, eu, xúrocho! ... eu sempre estarei ao teu lado para coidarte."

É un libro para ler e reler.

1 comentario:

Bibliobrey dijo...

É un libro que recomendamos e sobre todo aos que teñen cerca a algún familiar con alzheimer.

Bicos de chocolate para todos