domingo, 29 de enero de 2017

XOELIKI. AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA


Empezamos a xuntanza lendo Aida un anaco da páxina 41 na que se fala dos libros e da lectura:

"A tecnoloxía é marabillosa , máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos(...)Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..."

Álex fixo un pequeno resumo do libro e a continuación a profe Ángeles preguntou a que nos axudan os libros. Zaida comentou que para ela é coma se estiveses vendo unha película. Comentamos que ás veces fanse películas  pero que en moitas ocasións resultan mellores os libros.

Definimos aos personaxes cun adxectivo:
        *Ari para Carla é tímida,  para Zaida é unha pesada e para Evelin valente e intelixente.
        *De Xoel, Carla di que era introvertido e Janet que é tímido.

Sobre a Escola Pirata, Lucía comenta que loitaban por unha internet libre, sen límites e gratuíta. Carla comenta que debería haber límites para os nenos xa que hai páxinas ás que eles non deberían ter acceso. Álex opina o contrario. A maioría non temos acceso libre, estamos controlados polos nosos pais.

En canto as ilustracións do libro, Aida fala da cor, todas son brancas e moradas e Adrián pensa que non son nada orixinais ao empregar só dúas cores.

Case sen darnos conta tocou o timbre. Saímos da biblioteca co seguinte libro no peto: "La lección de August". Un libro qué promete!!!!