miércoles, 18 de febrero de 2009

O RAIO VELOZ



Este mes estamos lendo este libro de Agustín Fernández Paz, como un xeito de homenaxealo pola súa intensa actividade literaria..


Foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.


Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só pola cantidade de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas ( castelán, catalán, éuscara, portugués, asturiano, francés, árabe e coreano), e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY.

Neste libro fai o retrato dun mozo, algo raro para estes tempos, porque non quere unha casa grande, nin un coche potente, nin viaxar a luxosos hoteis.
Busca un traballo xeitoso no que poida axudar á xente.
Cando Adrián entrou a traballar na empresa de mensaxaría O Raio Veloz, non podía imaxinar o que o agardaba. Montado na súa moto de repartición, Adrián vivirá aventuras insólitas. E a maior chegará cando comece a recibir na súa casa unha serie de mensaxes misteriosas. ¿Quen llas envía e para que?
Unha historia de amor onde o protagonista, querendo cambiar o mundo, axuda a todo aquel que o necesita e ao final, sen buscalo, recibe todo o amor entregado.

No hay comentarios: