domingo, 17 de febrero de 2008

XERARDO QUINTIÁ NO NOSO CLUB DE LECTURA


Esta semana tivemos outra xuntanza do noso CLUB DE LECTURA. Unha actividade coa que cada día disfrutamos máis e coa que todos aprendemos.

A última obra que limos foi “Ke-Tumba, Ke-Tamba” de Xerardo Quintiá.Estivo presente nesta sesión o propio escritor co que compartimos observacións e comentarios sobre o libro e os seus personaxes.

Logo dun debate moi interesante, traballamos na aula de informática un texto para incluir no blog,que tanto nos gusta.

No hay comentarios: