sábado, 9 de febrero de 2008

MAÍTO PANDURO


Maíto é un neno que vive nun poboado xitano. O seu pai, Panduro,
está no cárcere. Non sabe escribir; por iso comunicanse por medio de
debuxos onde expresan os seus medos, o desexo de volver á vida
nómada e rural que manteñen algúns membros do seu clan, os seus
pensamentos, as gañas de liberdade, a tristeza pola separación e a
soedade do cárcere. Susana, a profesora do colexio, é testigo da relación,
e da tristeza do neno pola situación na
que se atopa a súa familia. Un día, esa forma de comunicación cambia:
Panduro aprende a escribir. Esto decepciona a Maíto:as súas
conversas xa no son especiais, calquera pode entender ou
interpretar a súa correspondencia. Cando o pai sae do
cárcere, emprenden unha nova vida no campo.

No hay comentarios: