martes, 24 de marzo de 2020

VISITA DE SUSANA LAMELA E MARIBEL AO CLUB DE LECTURA DE PROFES




Nesta xuntanza do club de lectura de profes tivemos unha visita moi especial. Susana Lamela, escritora do libro que limos:

 INVISIBLE,CON MALETA VERDE E ZAPATOS VERMELLOS.

Veu con Maribel, outra compañeira do noso cole que xa está xubilada. Susana comentounos como o día que Maribel lle contou como fora a súa infancia decidiu escribir o libro. Lóxicamente hai partes noveladas.
"É a historia dunha nena que tivo que volverse invisible para resistir ao mundo que lle tocou vivir"

Falamos do libro e dos diferentes momentos que máis nos impactaron.
Os pais da protagonista son emigrantes, ela queda coa avoa na súa aldea e un día deciden mandala a un internado, onde empeza a súa etapa máis triste.
"Ás veces, ser invisible é o mellor que podes facer. Que os demáis pensen que non existes evita que centren a súa xenreira en ti"

As páxinas deste libro rezuman tristura, tristura que sentía a protagonista e a que non quería comentarlle a súa familia para non disgustala. E menos  a súa avoa.
"Canta dozura naquelas mans gastadas polo tempo e o traballo"

Aquel intenado tiña tantas normas que non sabían o que podían facer e o que non.
"Unhas normas tan estritas que un dubidaba ás veces, se tería permiso para respirar ou se tamén sería un delito"

O director e alguha profe tiñan tanta maldade que aquelas pequenas non chegaban a entendelo.
"...ás veces, as persoas que non están contentas coa súa vida, esfórzanse en facer, a vida dos demáis máis insoportable"

A protagonista da historia decidiu olvidar esta etapa nun recuncho do seu corazón pero sen rencor.

"Esquecer ás veces non é malo. Pura adaptación da vida"

Foi unha xuntanza inolvidable. Grazas Susana e Maribel pola vosa visita. Unha vez máis nos demostráchedes que sodes unhas persoas moi especiais.

ATA PRONTO!!! 




No hay comentarios: