martes, 8 de octubre de 2019

A SEÑORITA BUBBLE



Xa temos nas nosas mans o primeiro título do libro que imos ler , A SEÑORITA BUBBLE, de Ledicia Costas.
Conta a historia dunha inventora que chega a unha localidade e non é moi ben recibida polos seus veciños. Sinten un odio especial hacia ela dende o primeiro día. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos e polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que sucedía realmente no interior da súa mansión.

QUE GANAS DE SEGUIR DESCUBRINDO A SÚA HISTORIA!!!

miércoles, 2 de octubre de 2019

XA ESTÁ EN MARCHA O CLUB DE LECTURA

Aínda que temos todavía en obras a biblioteca, o noso club de lectura xa está en marcha. Xa teñen o listado dos libros que van ler e tamén as actividades que van facer  no taller dos recreo.

MOITO ÁNIMO RAPACES E RAPAZAS!!! A DISFRUTAR!!! 

martes, 11 de junio de 2019

DESPEDIDA COA "CANCIÓN DE AMINA"



“Hoxe tivemos a última reunión o segundo grupo do Club de Lectura, o libro a comentar era “La canción de Amina”, a historia dunha nena dunha tribu que habita nos desertos de Marrocos, onde as costumes son machistas, e as mulleres non teñen liberdade.
Unha das normas prohibía as mulleres montar a cabalo,Amina rebélase e empeza por texer unha alfombra, non con formas xeómétricas, senon con cabalos. Nese momento empeza a sentirse libre…”

NÓS OPINAMOS:
-. Chegamos á conclusión de que hai queloitar para vercumpridos os nosossoños.
-. Algúns de nóssentímonosdecepcionad@s e enfadad@spolainxustiza que sufrían as mulleres da tribu.
-. Descubrimos que o autor tamén é o ilustrador.
-. Coñecemoscostumes da vida das mulleres e do deserto.
-. No libro menciónanse ciudades de Marrocos como Casablanca, Tanger, Rabat…
-. Comentamos que o título do libro vénpola canción que compuxoMustafa, o cantor e contador de contos, para dar a coñecer a historia de Amina.

Ao ser a última reunión aproveitamos para comentar sobre o plantexamento do club de lectura e sobre as preferencias dos libros, poesía é sen dúbida o que menos lemos, de aí que nos custe un pouco máis a todos lela.

As profes queremos felicitarvos polo voso interese e participación, por as vosas aportacións e críticas, das que tod@s aprendemos.
Dámosvos as grazas porque sen vós non sería posible esta bonita actividade.

Anímávosvos a que sigades neste aventura de ler, sexa no instituto ou na vosa casa, que continuedes lendo por pracer e disfrute.

jueves, 30 de mayo de 2019

GRAFFITI NO CENTRO DE DÍA


Os alumnos e alumnas do Club de lectura foron invitados polo Centro de Día para conmemorar o 10º Aniversario da súa apertura pintando con eles un graffiti  nas súas paredes.
Que satisfacción ver o seu traballo ali rematado!!

jueves, 9 de mayo de 2019

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA (2º CLUB DE LECTURA)

                                 
              
                                      

"Escarlatina é un libro de humor terrorífico, no que o protagonista é un neno, chamado Román, que ten que axudar a revivir a unha nena, Escarlatina, do século XIX. Ambos deben cociñar unha receita que guste a mortos e a vivos…”

Falamos da responsabilidade que implica o ter unha mascota, polos coidados e cariño que precisan ( páx 34)


Démonos conta de que todas as receitas que aparecen no libro,  contén chocolate… saboreamos biscoito de chocolate!!!

A propósito do chocolate, na páx. 113, faise referencia a outro libro :

" Charlie y la fábrica de chocolate”.


O libro traballa valores tales como:

-          a amizade entre Roman e Escarlatina, aínda que esta última cheira mal e o seu aspecto non era agradable.

-          o amor entre Roman e o seu avó.


Observamos que a portada ten unha imaxe que pode asustar.


Emocionáronnos momentos como o encontro e a despedida de Roman co seu avó. Entristeceunos o final, que ESCARLATINA decidira quedar no mundo dos mortos, pero tamén entendemos que fora así porque unha nena de século XIX non se atoparía a gusto no mundo actual e ademáis estaría soiña, sen familia.

Queremos destacar, igual ca  no libro, a importancia de loitar por cumprir os noso soños.

Para a próxima lectura e como remate imos ler: “La canción de Amina”. Aprenderemos un pouco sobre a cultura e costumes de dúas tribus árabes.

miércoles, 1 de mayo de 2019

VISITA AO CENTRO DE DÍA



Outro ano máis visitamos co Club de Lectura o Centro de Día. Representouse a obra "Mamasiña que medo"de Chus Pereiro. Dani interpretou coa trompeta unha canción, coñecida por máis dun dos maiores. Xes cantoulles unha canción popular galega que acompañaron cun baile Andrea e Nahir.

 Foron momentos inolvidables!!!

jueves, 25 de abril de 2019

NO SEGUNDO CLUB DE LECTURA "PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROL"


                                  

Rematamos a segunda das lecturas propostas.

 “ Prohibido leer a Lewis Carroll” é  un libro onde a combinación de valores e o humor
 resultan ser un cóctel atractivo e moi divertido, no que destacan personaxes como:

Timothy, polo insaciable, gracioso , acróbata, imaxinativo…
Alice, por imaxinativa,  creativa, curiosa, intelixente…
Eugene, sinceira, amable, torpe, educada …

Decidimos investigar sobre:
  • “ AEPYORNIS"
 Un ave elefante extinguido que habitou en Madagascar, cuxo tamaño podía chegar a ser de 3 m de altura e  pesar cerca de 500 kg, polo que ao igual que o avestruz, non podía voar. Os seus ovos podían ter un diámetro de 1 metro!( Unhas 160 veces máis grande que o ovo de galiña).
  • Madagascar:
A illa máis grande de África e a cuarta máis grande do mundo. Separada do continente polo Canal de Mozambique(no Océano Índico).
Peter Davies  e Alice Liddell:
Ambos existiron de verdade e inspiraron aos personaxes de “Alicia en el país de las maravillas” e a “Peter Pan”.

Ademáis Juan comentou que lle chamou a atención o anuncio, era moi raro e gracioso.
Para Daniel resultoulle moi gracioso o detalle das magdalenas.
A Juan Manuel o personaxe de Timothy non lle agradou porque non lle gustan  as bromas.  O personaxe de Eugene gustoulle a Andrea porque se identificaba con ela, xa que ela  tamén é patosa.

Como conclusión podemos dicir que non está ben que nos prohíban, eso fai que nos entre curiosidade e queiramos  facelo  con máis empeño;  por iso é mellor que se nos explique  para que o poidamos entender.