Mostrando entradas con la etiqueta Prohibido leer a Lewis Carroll. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prohibido leer a Lewis Carroll. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de abril de 2019

NO SEGUNDO CLUB DE LECTURA "PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROL"


                                  

Rematamos a segunda das lecturas propostas.

 “ Prohibido leer a Lewis Carroll” é  un libro onde a combinación de valores e o humor
 resultan ser un cóctel atractivo e moi divertido, no que destacan personaxes como:

Timothy, polo insaciable, gracioso , acróbata, imaxinativo…
Alice, por imaxinativa,  creativa, curiosa, intelixente…
Eugene, sinceira, amable, torpe, educada …

Decidimos investigar sobre:
  • “ AEPYORNIS"
 Un ave elefante extinguido que habitou en Madagascar, cuxo tamaño podía chegar a ser de 3 m de altura e  pesar cerca de 500 kg, polo que ao igual que o avestruz, non podía voar. Os seus ovos podían ter un diámetro de 1 metro!( Unhas 160 veces máis grande que o ovo de galiña).
  • Madagascar:
A illa máis grande de África e a cuarta máis grande do mundo. Separada do continente polo Canal de Mozambique(no Océano Índico).
Peter Davies  e Alice Liddell:
Ambos existiron de verdade e inspiraron aos personaxes de “Alicia en el país de las maravillas” e a “Peter Pan”.

Ademáis Juan comentou que lle chamou a atención o anuncio, era moi raro e gracioso.
Para Daniel resultoulle moi gracioso o detalle das magdalenas.
A Juan Manuel o personaxe de Timothy non lle agradou porque non lle gustan  as bromas.  O personaxe de Eugene gustoulle a Andrea porque se identificaba con ela, xa que ela  tamén é patosa.

Como conclusión podemos dicir que non está ben que nos prohíban, eso fai que nos entre curiosidade e queiramos  facelo  con máis empeño;  por iso é mellor que se nos explique  para que o poidamos entender.




martes, 19 de febrero de 2019

PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL




“PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL” de Diego Arboleda  conta a historia dunha institutriz, Eugene, que viaxa a Nova York para coidar dunha nena. Debe evitar que Alice lea, sobre todo ten prohibido ler o libro de “Alicia no país das marabillas”.
Unha das cousas que máis nos gustou foi encontrar parecido co propio libro de Alicia: personaxes moi raros,  situacións absurdas e cómicas…ata un tío que é como o coello. 
Parécenos que fomentar a curiosidade nos nenos e manter intriga é moi importante. Alice é unha nena curiosa e fantasiosa, que conta con dous aliados, Eugene e o seu tío, menos mal que fan un bo equipo e consiguen o próposito de Alice, coñecer a verdadeira Alice, a que inspirou o personaxe.
Soubemos que a nena inspiradora do conto existiu de verdade.

Este libro encantounos!

  O noso grupo rematamos coas lecturas.Que mágoa! Agora tócalle disfrutar aos nosos compañeir@s, eles/elas  comezan co libro de ”Rosaura e o mar” e “Un buen rato con cada plato”, esperamos a visita de ISABEL BLANCO.