lunes, 10 de octubre de 2016

XA ESTAMOS PREPARADOS!!!



Hoxe entregamos o primeiro título. Temos de data ata o 7 de novembro. Disfrutade coa súa lectura.

Que nervios!!! Qué gañas de empezar a lelo!!! 

martes, 4 de octubre de 2016

XA ESTAMOS EN MARCHA



Este vindeiro luns, día 9, teremos a  xuntanza de presentación do club de lectura. 
Repartiremos o primeiro título "O RAIO VELOZ". A seguinte xuntanza para falar do libro será o 31. Un libro cheo de humor e de misterio.

Non volo perdades!!!

lunes, 20 de junio de 2016

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA CON CINE E PALOMITAS

Chegou o mes de xuño e con él a despedida dos membros do noso Club de Lectura. Qué mellor maneira que cunha boa película, palomitas e boa compañía.
Desexámosvos moita sorte para a nova etapa no instituto. 

ATA SEMPRE!!!


domingo, 19 de junio de 2016

VISITA AO CENTRO DE DÍA



Un ano máis fomos de visita ao centro de día. Limos poemas de Manuel María e representamos o conto "As zapatillas do avó". Eles tamén tiñan preparadaos uns xogos relacionados con Manuel María. Avelina, Aurita, Águeda, Agripina, Antonia, Consolación, José, Avelino, Josefa, Generosa, Nieves, Pilar e Otilia foron o noso público. Para rematar Avelina quixo deleitarnos cunha serie de poemas que ela lembraba de cando era unha moza. 
 Unha xornada inolvidable !!




jueves, 11 de febrero de 2016

NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES




Toda a mesa preparada con larpeiradas para empezar a falar do libro.
Empezou ,coma sempre, Uxía, a máis faladora do grupo, facéndonos un resumo. A profe Rita preguntounos sobre a temática do libro. Marcos Fernándes, moi axeitadamente, dixo que era a violencia de xénero.Todos comentamos  sobre a visita que recibimos fai uns días sobre uns rapaces que viñeron a darnos unha charla  con motivo do día da violencia de xénero.
Quedounos claro a todos o importante que é estar atentos por se detectamos algún caso deste tipo. Nós sós non podemos facer nada, pero podémosllo contar aos nosos pais, ou a algún adulto para que eles interveñan. Temos que intentar a quen o sufra e intentar que se sinta protexido.

Os valores que destacamos do libro son a amizade, a valentía e a xustiza. Tamén falamos da compaixón.
Á profe Encarna gustoulle unha frase :
 "Resolver as cousas pequenas axudan a solucionar as grandes"

Foi un libro que nos gustou moito a todos. Estamos desexando poder ler o primeiro, "Natalia y Chocolate",e desexando que se escriba a continuidade do mesmo, xa que como dicía Uxía:
"Quero que Alicia escriba o seguinte para saber o que lle vai regalar Sonia  a Pierre e se Carlos, o pai de Sonia, e Clara , a nai de Pedro, terminen xuntos, como parella".

Xa acabou para o noso grupo o club de lectura.

Qué pena!

Esperamos poder anotarnos o curso que vén no instituto.





lunes, 25 de enero de 2016

EL AROMA DE LIQUIDÁMBAR








A algúns dos rapaces pareceulles un libro moi triste, cunha temática moi dura. De lectura fácil aínda que a dous pareceulles aburrido e non foron capaces de acabalo.
Sorprendeulles o nome de moitas plantas e árbores, a existencia do liquidámbar, a avoa...
Chamoulles a atención que a escritora fora de Vigo.
Para moitos un libro agradable de ler e que o recomendarían.

martes, 15 de diciembre de 2015

CHAMÁDEME SIMBAD NO CLUB DE LECTURA





O 1 de decembro tivemos a segunda xuntanza do Club de Lectura.
Empezamos, coma sempre, facendo un pequeno resumo. Despois comentamos o que máis nos gustou.Para Luis o mellor foi cando Paulo atopou ao seu avó. Para Uxía o peor foi a carta na que lle conta a Paulo, o seu neto, que os filibusteiros querían metelo nunha residencia e resultou que eran os seus pais; feito que lle deu moita pena.

Todos estivemos de acordo que o libro non só contaba unha simple historia, senón unha historia cunha intención; é un libro con mensaxe: "coida dos teus pais, como eles coidaron de ti cando era neno (como dixo Andrés con moito tino).

A profe Rita preguntounos as semellanzas ou diferencias que atopábamos co libro de Escarlatina. Unha cousa está clara, nos dous o personaxe é un avó pero con diferencias. O avó de Ramón é moi marchoso e o de Paulo ten alzheimer. Por outra banda, Escarlatina é un libro imaxinario, o de Simbad podería ser unha historia real.

Para Alba a historia de Simbad podería estar ambientada en Vigo xa que lle lembraba este lugar, a zona vella, o túnel que levaba ao bar de Bernardino, o irmán do avó.

A Uxía gustoulle cando Paulo lle dicía ao seu pai que tiña a orella vermella de falar tanto polo móbil.

Estre libro encantounos a todos por iso animámosvos a que o leades.