jueves, 11 de octubre de 2012

XA ESTAMOS EN MARCHA CON NATA Y CHOCOLATE


Un ano máis o club de lectura Bibliobrey ponse en marcha. Foron tantas as solicitudes que tivemos que facer dous grupos. O primeiro xa está en marcha con "Nata y Chocolate" nas súas mans. Este ano ademáis cunha sorpresa, xa que a súa escritora estará con nós.

 Que sorte atopar amig@s que comparte a mesma paixón, a lectura!. Entre tod@s faremos dela un pracer compartido.


 Está ben iso de “ non só ler e ler”,  tamén queremos opinar, escoitar…en definitiva disfrutar os libros acompañad@s!.

Pertencer a este grupo implica:
. Un compromiso para ler todos os libros propostos e nas datas previstas.
. Asistir ás reunións programadas.
. Opinar cando queiramos, sempre respectando as dos demais.
. Escoitar mentras falan os compañeir@s.
. Propor libros e aportar ideas.

BENVID@S!!!

martes, 3 de julio de 2012

DESPEDIDA CUN ROTEIRO LITERARIO POLO RÍO TEA


O voso paso pola escola xa rematou ,  desexo que na nova etapa que comezades sepades seguir disfrutando da lectura e a poder ser dentro do seu club de lectura .Este blog segue aberto para vós polo que nos gustaría seguir  recibindo as vosas visitas e por suposto os vosos comentarios.
Foi un pracer compartir con vós o gusto pola lectura.

Moita sorte!.

domingo, 27 de mayo de 2012

CORAZÓN DE TINTA CON PALOMITAS




Esta semana pasada xuntámonos para disfrutar unha tarde de cine con palomitas. Nesta ocasión  cos dous clubs para ver "CORAZÓN DE TINTA", basada na obra de Cornelia Funke. Gustoulles tanto que xa a teñen anotada para lela este verán.

O RAIO VELOZ, ÚLTIMO LIBRO POR ESTE ANO



Este mes xuntámonos para falar do libro de Agustín Fernández Paz, "O RAIO VELOZ".Empezamos saboreando diferentes doces, que trouxeron, e o bizcoito de chocolate, recordando ao protagonista cando falaba das virtudes deste producto, "facer feliz á xente" e lembrando  que o seu libro favorito era "Charlie e a fábica de chocolate".

Chamoulles a atención descubrir que o principal obxectivo de Adrián cando buscaba un traballo era conseguir a felicidade da xente.

Descubriron en Adrián, o protagonista, a  unha persoa boa, amable, noble e de bo corazón, e a Rosa, a xefa,  graciosa, activa e moi simpática. Aos dous gustáballes a poesía e compartían o gusto polo mesmo autor.
Cambiaba as mensaxes para facer feliz á xente. Gustoulles cando cambiou as notas dos alumnos, cando axudou á reconciliación dos namorados e para  algúns máis cando cambiou o contido da cesta daquela muller.

Disfrutamos co libro, coas ilustracións, coas adiviñas e incluso cos xeroglíficos.Un libro cheo de maxia que vos recomendamos a todos e todas.

sábado, 14 de abril de 2012

VERO E O FANTASMA DE CANTERVILLE NO SEGUNDO CLUB



.



Esta semana xuntámonos co segundo club de lectura para falar da historia de Vero e o fantasma de Canterville. Intercambiamos opinións sobre os personaxes, a linguaxe utilizada no libro...
Foi unha xuntanza un pouco triste porque faltaba Miguel, un dos membros deste club. Está no hospital xa que tivo un pequeno accidente coa bicicleta.
Ánimo Miguel, sabemos que seguramente nos estás seguindo a través deste recuncho polo que queremos facerte chegar o noso cariño e esperamos que te recuperes pronto.

viernes, 23 de marzo de 2012

SEGUIMOS FALANDO DE NATA Y CHOCOLATE


Co segundo grupo tamén falamos do libro "Nata y chocolate". Gustoulles a todos e todas e estivemos compartindo opinións e reflexións sobre o libro.
Una vez máis reflexionamos sobre os distintos valores que tramnsmite o libro como son a tolerancia, o amor pola literatura, a autoestima...
Falamos do aumento da violencia nos centros e que non se debe deixar que os abusóns dominen as aulas. Debemos denunciar estos actos tanto si somos víctimas como testigos de accións parecidas.

sábado, 25 de febrero de 2012

XOELIKI. AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA





Este mes rematamos as xuntanzas do primeiro club de lectura con Xoeliki, e con este mesmo libro decidimos empezar co segundo club xa que o vindeiro venres 2 disfrutaremos da presencia dun dos seus escritores que ademáis é o ilustrador, Abraham Carreiro.
Falamos do libro, dos seus personaxes, dos riscos de internet...
Os dous grupos leron as súas frases favoritas nas que coincidiron moitos deles:

"A tecnoloxía é maravillosa máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos..."
( Pg. 40)
"Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..."(Pg.40)
"Non hai nada como aprender gozando cada día" (Pg.54)


Florencia quixo facer referencia a unha frase sobre a importancia do traballo en equipo:
"...o traballo en equipo... Multiplica as ideas, os coñecementos e as capacidades de cada un de forma exponencial" (Pg. 83)

Oihán quixo darlle un toque humorístico lendonos unha das mensaxes electrónicas de Xoeliki coa súa amiga virtual:
"Túa nai é como Mortadelo, transfórmase cada día!!..."(Pg 6)

Animámosvos a todos a ler esta historia pois a todos nos nos gustou e xa estamos desexando ler a segunda parte que xa sabemos que está a piques de saír.

Se queredes saber máis sobre o libro e os seus escritores clicade na seguinte imaxe: