domingo, 3 de octubre de 2010

POSTA EN MARCHA DO CLUB DE LECTURA


Pronto imos iniciar as xuntanzas do club de lectura .Xa está feita a escolleita dos libros que imos ler neste curso, coas vosas aportacións.


Lembrade o funcionamento deste club:


- Lemos os libros de forma individual na nosa casa

-Xuntámonos unha vez ao mes.

-En cada xuntanza comentaremos o libro cos compañeiros. Debatimos sobre os aspectos que máis nos interesen.

-As xuntanzas serán na biblioteca, e na hora do recreo.

- Participamos en actividades diversas e relacionámonos con outros compañeiros que teñen os mesmos intereses ca nos.

-No Club de lectura: Non hai que facer ningún traballo.


Os lectores é o que temos, non paramos de reunirnos porque nos gusta falar das nosas cousas e das nosas lecturas. Queremos ir ao cine,voar, viaxar a Lúa se nos deixan...


lunes, 21 de junio de 2010

DESPEDIDA E ROTEIRO LITERARIO POLO TEA

O club de lectura de despedida, ata a volta do verán, disfrutamos dun roteiro literario polo río Tea.Leímos un poema de Pablo Neruda, "El río" e inspirándonos no ambiente creamos unha historia entre todos.
E...o bizcoito de chocolate tampouco podía faltar, pero esta vez houbo intercambio gastronómico de postres, como ben dixo Pedro.Empezamos a avaliación do curso e os comentarios sobre o que supuxo para eles formar parte deste club de lectura. A continuación deixámosvos algúns dos comentarios:

"A oportunidade de ler libros que doutro xeito non se me ocurrirían"
"Unha nova experiencia que me aportou máis sabiduría"
"Relacionarme con xente nova, cos mesmos intereses "
"Falar de temas interesantes e enriquecedores"
"Unha experiencia xenial, onde podes expresar a túa opinión abertamente e compartila cos demáis"
"Te permite expresar a túa opinión sen medo a que a xente se ría de ti"



Create Your Own

Deixámosvos o poema de Pablo Neruda para os que non o puidéchedes disfrutar in situ.Animámosvos a escribir tamén poemas ao río Tea, publicarémolos no blog.

YO entré en Florencia. Era
de noche. Temblé escuchando
casi dormido lo que el dulce río
me contaba. Yo no sé
lo que dicen los cuadros ni los libros
(no todos los cuadros ni todos los libros,
sólo algunos),
pero sé lo que dicen
todos los ríos.
Tienen el mismo idioma que yo tengo.
En las tierras salvajes
el Orinoco me habla
y entiendo, entiendo
historias que no puedo repetir.
Hay secretos míos
que el río se ha llevado,
y lo que me pidió lo voy cumpliendo
poco a poco en la tierra.
Reconocí en la voz del Arno entonces
viejas palabras que buscaban mi boca,
como el que nunca conoció la miel
y halla que reconoce su delicia.
Así escuché las voces
del río de Florencia,
como si antes de ser me hubieran dicho
lo que ahora escuchaba:
sueños y pasos que me unían
a la voz del río,
seres en movimiento,
golpes de luz en la historia,
tercetos encendidos como lámparas.
El pan y la sangre cantaban
con la voz nocturna del agua
.
Dende aqui queremos dar as grazas a este grupo que marcha e que se animen a entrar no club do IES Val do Tea.
Moita sorte!!!

viernes, 23 de abril de 2010

CLUB DE LECTURA SOLIDARIO

Este mércores pasado fomos visitar aos ancianos do Centro de Día da Terceira Idade. Cando se enteraron da idea outros alumnos e alumnas, sen ser do club de lectura, tamén se apuntaron.

Compartimos con eles momentos de lectura e poesía inolvidables. Ao remate invitáronnos a tarta de chocolate, feita por eles e elas, e entre bocado e bocado conversamos sobre a súa vida, os seus netos e incluso os que non tiñan netos sentíronse avós por un día.

Ao día seguinte , na xuntanza do club de lectura avaliamos a actividade e todos estaban de acordo en que se sentiran moi ben e que tiñamos que repetilo.

Dende aqui queremos darlle as grazas a Rosa, a directora do centro, ao resto do personal , e por suposto a Victoria, Nieves, Serafín, Avelina... pola súa atención, aplausos, conversas e incluso polos silencios dos que non falaban pero que coas súas miradas nos dicían tanto.



domingo, 4 de abril de 2010

DARWIN NO CLUB DE LECTURA

Acompañamos nesta viaxe a Darwin no Beagle e aprendimos moito sobre a súa vida e a súa teoría da evolución.
A Aitor o que máis lle sorprendeu foi a evolución dos Pinzóns para adaptarse ao medio, e decidiu investigar un pouco máis a fondo sobre esta teoría da evolución.
Comentaron tamén sobre a noticia que saiu no xornal, tras o terremoto de Chile.Según comentaban cando Darwin visitou Chile tamén houbo un terremoto similar ao deste ano.
Resultoulles un libro interesante, pero non están acostumados a ler este tipo de libros polo que a algúns costoulles rematalo.


XUNTANZA CON VERO NA CORTE DO REI ARTURO



Nesta Xuntanza falamos sobre Vero , a súa viaxe no tempo e sobre as diferenzas entre a Idade Media e a nosa época. A Natalia gustaríalle vivir nesa época só durante uns días, pois tanto ela como algúns outros opinaban que sería difícil vivir sen moitas das comodidades que temos na actualidade.
Antía destacou os xogos de inxenio de Vero e ademáis mencionou o machismo de Merlín, “non podía ser maga, por ser muller”.
En xeral pareceulles un libro diferente pero divertido.

lunes, 8 de marzo de 2010

A CORTE DO REI ARTURO

Un dos libros deste mes está ambientado na corte do Rei Arturo, na Idade Medieval
Verónic@ chega a Camelot con gañas de coñecer ao famoso Merlín. Pero
ademáis de non ser o simpático mago que esperaba, éste convírte no
seu peor enemigo.

Para coñecer un pouco máis do Rei Arturo e da época invítovos a ver este vídeo.

CHARLES DARWIN

Charles Darwin foi unha figura importante para as ciencias naturais. Dende pequeno mostrou un gran interese pola natureza e aos 22 anos fixo unha viaxe científica por todo o mundo que durou cinco anos , donde puido estudiar moitos seres vivos e fenómenos naturais. A teoría máis importante de Darwin foi a da evolución das especies, orixinada pola selección natural dos especímenes máis aptos para a vida nun medio determinado.

Deixámosvos este vídeo por se queredes escoitar a súa biografía despois de ler o libro.