viernes, 13 de marzo de 2020
CHAMÁDEME SIMBAD NO 2º GRUPO DO CLUB DE LECTURA
Comezamos esta reunión con moitas gañas de compartir as nosas opinión cos compañeir@s, despois destos meses esperando e con tanto que contar, que o tempo non deu para moito.
Sendo o 2º grupo que comenta o libro “CHÁMADEME SIMBAD” de Francisco Castro, pouco queda que engadir sen repetirnos, sin embargo queremos destacar algúns aspectos:
É un libro triste, con momentos moi emotivos; o reencontro co avó, fíxonos saltar as bágoas a máis de un.
Invita á reflexión sobre o trato ás persoas maiores e enfermas, non é doado convivir con eles, pero hai que querelos e tratalos ben; son sonos e están indefensos.
Os adultos, ás veces non nos contan as cousas porque pensan que non o entenderíamos e porque cren que non sabemos ou non temos opinión. Están equivocados, case sempre somos razonables e entendemos os problemas e queremos enterarnos do que ocorre na nosa casa. Xa sabemos que as decisión non as podemos tomar, só queremos saber que contan con nós.
Xa estamos desexando ler o seguinte libro “XOELIKI” de Abraham Carreiro. Un neno coma nós, que vive tan tranquilo ata que lle toca resolver un problema cibernáutico e plantarlle cara aos ciberpiratas. Pinta ben!!!!
viernes, 21 de febrero de 2020
A MAXIA NA ESCOLA
A proposta era que ambos clubes de lectura, o noso e o do IES Val do Tea, compartísemos a tarde do luns, con xantar incluído.
Nós como aprendices de magos, fixemos o noso debut cos nosos trucos.
Unha tarde de diversión e entusiasmo coa maxia do Profe Fernando, o mago Chirleta. Deunos un taller no que nos aprendeu facer outros trucos de maxia.
Os compañeiros do Instituto presentáronnos o libro” El Valle de los Lobos” de Laura Gallego. A historia dunha nena Dana; Kai, o seu amigo invisible e o Maestro, un home misterioso.
As horas que estivemos xuntos soubéronnos a pouco porque queríamos facer moitas cousas e aprender máis.
Grazas Mago Chirleta, por contaxiarnos o gusto pola maxia!
miércoles, 12 de febrero de 2020
DESPEDIDA DO PRIMEIRO GRUPO DO CLUB DE LECTURA CON XOELIKI
Coa lectura do libro “Xoeliki” de Abraham Carreiro rematamos as lecturas o primeiro grupo.
Gustáronnos moito frases como estas:
- “ A tecnoloxía é marabillosa, máis os libros de papel…”
- “ Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar…”
- “ Hai que aprender gozando”
Opinamos que:
- É un libro moi interesante ao tratar das novas tecnoloxías, onde aparece vocabulario específico, algunhas palabras non as coñeciamos.
- Danos a entender que as novas tecnoloxías son necesarias, pero que non deben substituír aos libros, o pracer de cheiralos, de pasar as follas… é inmenso, non se pode perder.
- Axudounos a entender que navegar por internet é moi útil, pero que hai que ser moi prudentes.
- Pensamos como Xoeliki e os da escola pirata, que internet debería ser libre e gratis para tod@s.
Tiñamos tantas cousas que
dicir, que non nos deu tempo a dicilo todo.
Para rematar, como reflexión
sobre estar nun grupo de lectura, coincidimos en que é unha actividade moi interesante
e enriquecedora, aprendemos dos demais, perdemos o medo a dar a nosa opinión en
público, e sobre todo, DISFRUTAMOS LENDO.
Démoslle a benvida ao segundo
grupo, comezamos co libro” Chamádeme Simbad”.
jueves, 16 de enero de 2020
CHAMÁDEME SIMBAD
O luns , 13 de xaneiro, tivemos a 3º reunión do Club de
lectura para comentar o libro “CHÁMADEME SIMBAD” de Francisco Castro.
Recordamos momentos do libros que nos gustaron:
Brais e Antía: “O reencontro entre avó e neto”
Xian: “ As aventuras que viven os dous no sofá do salón”
Paula: “ Cando Paulo ve a seriedade do asunto e logra que
consigan chegar a un acordo”
Pablo e Emna Barcia: “ Cando le a carta do avó”
Silvia: “ No momento cando ve o cartel da taberna. Paulo paréceme
moi maduro”
Emna Alen: “ Cando di que
seu pai tiña a orella vermella de
tanto usar o móbil”
Juan: “ Cando pai e avó conversan”
Alicia: “ Cando xogan aos piratas”
Este libro invita a reflexionar sobre aspectos sobre os que
probablemente non se nos ocurriría nin pensar e estas son as nosas aportacións:
Xian: “Recórdame ao meu avó, que tamén sufríu esta
enfermidade”
Paula: “Simbad foi moi responsable, entendeu dende un principio a situación e
soubo xestionala”.
Pablo: “ Ás veces os nen@s podemos ser máis responsables que
os adultos”
Silvia: “ Ensinoume que facer pequenos xestos para axudar e
alegrar aos demais pode ser moi útil”
Emna Alen: “Paréceme que os nenos tamén podemos opinar . Os
adultos non adoitar escoitar a nosa opinión e toman decisión sen escoitarnos
sequera”
Antía: “ Ensinoume que non hai que sentir vergoña porque
alguén teña unha enfermidade, só hai que intentar axudar e comprender”.
Juan :” Hai que loitar polo que queres”.
Andrea: “ Non se pode deixar de lado a ninguén por sufrir
unha enfermidade, hai que axudalo”.
Andrea díxonos unha cousa moi bonita: “Eu creo que unha
persoa imaxinativa sempre está alegre”, fagámoslle caso a Andrea e sexamos
IMAXINATIVOS, o mesmo que Paulo e o seu avó.
Próxima lectura XOELIKI, un neno cibernauta.
martes, 17 de diciembre de 2019
OS CLUBS DE LECTURA DE QUINTO
Nas derradeiras semanas os rapaces e rapazas de quinto realizamos varias reunións dos nosos novos clubs de lectura.
Hoxe decidimos compartir con vós algún momento desas xuntanzas.
Os primeiros libros escollidos son "KIBUKO", de Xavier Estévez, e "OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA" de Anxo Fariña.
Xa vos contaremos como nos vai. Por agora comenzamos con moita ilusión. Ata temos mascota!!!
lunes, 16 de diciembre de 2019
COMPARTINDO ACTIVIDADE NO IES VAL DO TEA CON ANÉMONA DO RÍO.
Os motivos da visita eran:
-Comentar o cómic e resolver todas as preguntas que tiñamos para ela.
-Inauguración na biblioteca dese centro, dun andel con libros sobre a igualdade.
Foi unha sesión moi entretida, comezamos cunha roda de preguntas, ás que Anémona respondeu con amabilidade.
Acaba de recibir outro premio, esta vez cun cómic con contidos científicos, titulado “A proba da auga”. Este cómic será publicado na próxima primavera pola editorial xerais.
É a historia dunha gotiña de agua que entra nun corpo humano e ten que realizar un longo percorrido.
Estamos desexando lelo!
Revelounos o segredo para ser un bo/a debuxante: “practicar, practicar, practicar…”
Para finalizar mostrounos os pasos que foi seguindo para a creación do cómic TAM. A propósito, este manga tamén recibíu un premio antes de ser publicado.
Encantounos coñecer a Anémona do Río, algúns tentaremos seguir os seus pasos.
Grazas ao Club de Lectura (de 1º e 2º da ESO)do IES por compartir con nós esta experiencia.
OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA. ANXO FARIÑA
A maxia nas lecturas, os superpoderes …descubrímolos no libro que comentamos esta semana: “Os megatoxos e o aprendiz de druida”.
“Faísca, Ninfa, Ruxe e Lúa son os protagonistas, teñen que transportar unha especie de toxo mutante dentro dunha urna. Rompen a urna e adquiren superpoderes.
O toxo transpórtase á época dos celtas a Galicia. Os catro viaxan nunha máquina do tempo na busca do toxo. Na aldea onde atopan o toxo, coñecen o Gael, o aprendiz de druída, que entre os ingredientes dunha apócema, mete un anaco do toxo mutante e crea un ser maligno, chamado Drunxel.
Eles axudan ao pobo de Gael , a librase do monstro , pero non consiguen coller toxo, que de novo se transporta”.
Aprendemos:
O toxo na realidade é unha planta considerada una especie exótica invasora das máis dañinas.
Os celtas galegos tiñan bruxos ou druidas nos seus poblados e curaban con apocemas.
Os nosos comentarios:
Emma Alén descubre que no libro aparecen valores como o traballo en equipo e Silvia comenta que é interesante porque tod@s aportan algo e se complementan entre eles.
Paula: “ Gustaríame ter o superpoder dos feitizos porque podería maldicir á xente mala”
Xian: ” Eu querería ter o pode do lume poque sempre de pequeno soñaba con ter poderes e cando vexo o lume quédome abraiado mirando para el”.
Andrea: “ Molaría ter lume, sobre todo cando vai frío”
Antía: “ Gústame o poder de facer crecer a natureza porque a min encántanme as plantas e as flores”
Alicia: “ Hai sitios sen vexetación , eu podería facer que crecese”.
Para Daniela o personaxe mellor da historia é Lúa porque ten a autoestima moi alta.
Juan di que lle chama a atención Lúa porque non quere facer nada e que sempre se está queixando.
O vindeiro libro...“Chámade Simbad”. A súa portada chamounos a atención, porque coñecemos un protagonista doutro libro que se chama Simbad. Terán algo que ver os dous libros? Descubrirémolo pronto.
Etiquetas:
Os Megatoxos e o aprendiz de Druída
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










