Hoxe tocou visita á Biblioteca Municipal e ao Museo. A pena foi que non todos os membros do club puideron ir. Disfrutaron moito e aprenderon moitas cousas.
miércoles, 14 de noviembre de 2018
viernes, 2 de noviembre de 2018
O BOSQUE ENCANTADO
Invitámosvos a ler outra historia escrita por un grupo do club de lectura.
O bosque encantado
Unha rapaza
que ía coller froita e verdura ao bosque, viu ao lonxe unha casa, situada no medio do bosque.
Naquela casa vivían dúas mulleres vellas das que non
se sabía que foran bruxas.
A nena perdeuse recollendo froitos.
-
-Non pode ser, perdinme outra vez!
Escoitou uns
ruídos que viñan daquela casa. Petou decidida na porta.
- -Ola
rapaza, ven dentro que comes algo.
- Que
rapaza máis fermosa!
- -Tes
razón.
A
nena e as bruxas quedaron un pouco falando. Cando remataron de falar, as bruxas
durmírona e metérona nunha pota.
- -Esta
rapaza vaille dar un TOQUE especial á nosa pócima.
- -Rápido,
rápido, bótalle os pós máxicos antes de que esperte.
- - Voullos
botar agora. Traime unha culler!
A
nena espertou.
- -Que
fago aquí dentro!!!
- -Ímoste
cociñar!!!!
- -Axuda,
axuda, axuda!!!!! Non me volveredes ver
máis.
Pegou
un brinco, saiu da pota e marchou
correndo.
- -Volve
aquí, volve!!!
Autoras:
Narradoras:
Andrea e Aroa
Nena:
Iria
Bruxas:
Nahir e Laura
A MALDICIÓN DO PARQUE DAS CHUCHES
Presentámosvos unha das historias escritas polos compoñentes do club de lectura.
A MALDICIÓN DO PARQUE DAS CHUCHES
Ao lado dun parque había unha casa encantada e
vella, nela vivía unha bruxa a que lle encantaban as CHUCHES.
Por iso cando ían nenos e nenas a xogar ao parque,
a bruxa roubáballes as chuches que
tiñan.
Un día, un neno chamado Adrián e as súas amigas
foron ao parque cargados de chuches porque tamén lles encantaban.
De súpeto a bruxa Marisa saíu da casa e intentou
roubarllas, pero non foi capaz. Enfadada botoulles unha maldición, que consistía en que cando comeran chuches convertiríanse en SAPOS.
As nenas e o neno estaban moi anoxados e decidiron
roubarlle o seu gatiño negro.
A bruxa moi triste decidiu quitarlles a maldición
aos nenos para que lle devolveran o seu gatiño negro.
Desde aquel día aprendeu unha lección moi
importante e así non volveu a roubarlle chuches a ningún nen@.
Autoras:
Natalia
Domíngues Araujo( narradora)
Celia Mariño González ( Carlota)
Guadalupe Lorenzo
Carrera( Lucía)
Ana Blanco García( Bruxa Marisa)
Adrián Álvarez Francisco ( Adrián)
sábado, 27 de octubre de 2018
TALLER DO CLUB DE LECTURA
Este ano ,como novidade, combinamos o club de lectura cun taller de lectura todos os luns no recreo, no que :
- Escribimos relatos para representar en Samaín.
- Facemos os ensaios, e preparamos música para acompañar ás representacións.
- Decoramos e distribuimos o espazo da aula con debuxos e escenas de contos.
- Preparamos unha obra de teatro para representar nas diferentes visit " Ai mamasiña que medo "
- Preparamos lecturas para lerlle a algún curso.
- Facemos crucigramas, xogos de palabras...
- Preparamos receitas para compartir cos compañeir@s dos postres que elaboramos
PASÁMOLO MOI BEN!
lunes, 1 de octubre de 2018
XA ESTAMOS EN MARCHA
Como o nome da nosa biblioteca indica" A
fraga dos soños", no Club de
lectura queremos traballar sobre todo o fomento da lectura activa, compartir diversidade de opinións
e espertar
a imaxinación para facer as nosas creacións
A metodoloxía usada pretende ser divertida, moi
participativa e sempre traballando
valores a través de:
*A lectura de diversos libros, alternando a lingua castelá e a lingua
galega, ademais de propoñer libros
narrativa e poesía.
La canción de Amina
Escarlatina, a cociñeira defunta
Rosaura e o mar
Prohibido leer a Lewis Carroll
*Visionado dunha pelicula:
" Alicia en el pais de las Maravillas"
* Visita ao Centro da
Terceira Idade de Ponteareas
*Visita ao Instituto Val do Tea para
compartir experiencias co club de lectura.
*Saída en grupo A Moscadeira
* Visita a biblioteca municipal.
* Visita da escritora Isabel
Blanco, residente en Ponteareas e autora do libro " Rosaura e o mar".
Como a
lectura é doce e os libros sempre
nos deixan moi bo sabor de boca,
aproveitamos para misturar a lectura coa repostería e cociñamos
biscoitos para seguir endulzando os momentos que compartimos.
martes, 27 de junio de 2017
DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA CON CINE
Chegou a despedida dos membros do noso Club de Lectura. Unha boa película, palomitas e boa compañía a mellor maneira de rematar.
Desexámosvos moita sorte para a nova etapa no instituto.
ATA SEMPRE!!!
jueves, 22 de junio de 2017
XOELIKI NO CLUB DE LECTURA
Empezamos lendo o resumo Sheila. Yeray comentounos que entrou na páxina de Tesouros Piratas e que era certo que Xoeliki tiña o record no videoxogo Real Fantasy.
Sorprendeunos que Barbabranca tivese unha pata de pau cando iso xa non se ve nestos tempos. No seu despacho non había ordenadores pero si moitos libros e flores. Algo realmente raro se4 é o director dunha escola de ciberpiratas. Sorprendeunos o feito de que Maverick estivera lendo un libro de papel e non un e-reader cando quedou con Xoeliki. Sheila comenta que lle gustan máis os libros de papel, e que incluso hai algúns con olores. Para Laura, un libro novo ten un cheiro especial, a novo e a papel, como dice Maverick:
"A tecnoloxía e marabillosa, máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos..."
Comparamos a escola na que estudaba Xoeliki coa Escola Pirata. Na escola Pirata os rapaces aprenden divertíndose , cousa que na de Xoeliki non é así. Traballan en equipo porque " multiplica as ideas, os coñecementos e as capacidades de forma exponencial".
Aitana considera que é bo traballar en equipo. Para Sheilka non é bo estar sempre argallando coas novas tecnoloxías. Yeray pensa que ser pirata non é nada malo. A Iza gustoulle moito, pareceulle entretido e divertido.
Outras frases que nos gustaron foron :

- "Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..." (Pax 41)
- "Non hai nada como aprender gozando" (Pax 54)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)