viernes, 2 de noviembre de 2018

A MALDICIÓN DO PARQUE DAS CHUCHES


 Presentámosvos unha das historias escritas polos compoñentes do club de lectura.


 A MALDICIÓN DO PARQUE DAS CHUCHES

Ao lado dun parque había unha casa encantada e vella, nela vivía unha bruxa a que lle encantaban as CHUCHES.
Por iso cando ían nenos e nenas a xogar ao parque, a bruxa  roubáballes as chuches que tiñan.

Un día, un neno chamado Adrián e as súas amigas foron ao parque cargados de chuches porque tamén lles encantaban.

De súpeto a bruxa Marisa saíu da casa e intentou roubarllas, pero non foi capaz. Enfadada botoulles unha maldición, que consistía en que cando comeran chuches convertiríanse en SAPOS.

As nenas e o neno estaban moi anoxados e decidiron roubarlle o seu gatiño negro.

A bruxa moi triste decidiu quitarlles a maldición aos nenos para que lle devolveran o seu gatiño negro.

Desde aquel día aprendeu unha lección moi importante e así non volveu a roubarlle chuches a ningún nen@.


 Autoras:

 Natalia Domíngues Araujo( narradora)
Celia Mariño González ( Carlota)
Guadalupe Lorenzo  Carrera( Lucía)
Ana Blanco García( Bruxa Marisa)
Adrián Álvarez Francisco ( Adrián)

sábado, 27 de octubre de 2018

TALLER DO CLUB DE LECTURA

Este ano ,como novidade, combinamos o club de lectura cun  taller de lectura todos os luns no recreo,  no que :

  • Escribimos relatos para representar en Samaín.
  • Facemos os ensaios, e preparamos música para acompañar ás representacións.
  • Decoramos e distribuimos o espazo da aula con debuxos e escenas de contos.
  • Preparamos unha obra de teatro para representar nas diferentes visit " Ai mamasiña que medo "
  • Preparamos lecturas para lerlle a algún curso.
  • Facemos  crucigramas, xogos  de palabras...
  • Preparamos receitas  para compartir cos compañeir@s dos postres que elaboramos
As profesoras que nos acompañarán  son Encarna e Ángeles.

 PASÁMOLO MOI BEN!





lunes, 1 de octubre de 2018

XA ESTAMOS EN MARCHA


Como o nome da nosa biblioteca indica" A fraga dos soños",  no Club de lectura queremos traballar sobre todo o fomento da lectura activa, compartir  diversidade de opinións e espertar a imaxinación para facer as nosas creacións

A metodoloxía usada pretende ser divertida, moi participativa  e sempre traballando valores a través de:

             *A lectura de diversos libros, alternando a lingua castelá e a lingua galega, ademais de                           propoñer libros  narrativa e poesía.

                               La canción de Amina
                               Escarlatina, a cociñeira defunta
                               Rosaura e o mar
                               Prohibido leer a Lewis Carroll

          *Visionado dunha pelicula: " Alicia en el pais de las Maravillas"

           * Visita ao Centro da Terceira Idade de Ponteareas

           *Visita ao Instituto Val do Tea para compartir experiencias co club de lectura.

            *Saída en grupo A Moscadeira

            * Visita a biblioteca municipal.

            * Visita da escritora Isabel Blanco, residente en Ponteareas e autora do libro " Rosaura e o                      mar".

  Como a  lectura é doce e  os libros sempre nos deixan moi bo sabor de boca,  aproveitamos para misturar a lectura coa repostería e cociñamos biscoitos para seguir endulzando os momentos que compartimos.
                  






martes, 27 de junio de 2017

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA CON CINE


Chegou a despedida dos membros do noso Club de Lectura.  Unha boa película, palomitas e boa compañía a mellor maneira de rematar.
Desexámosvos moita sorte para a nova etapa no instituto. 

ATA SEMPRE!!!

jueves, 22 de junio de 2017

XOELIKI NO CLUB DE LECTURA

Empezamos  lendo o resumo Sheila. Yeray comentounos que entrou na páxina de Tesouros Piratas e que era certo que Xoeliki tiña o record no videoxogo Real Fantasy.
Sorprendeunos que Barbabranca tivese unha pata de pau cando iso xa non se ve nestos tempos. No seu despacho non había ordenadores pero si moitos libros e flores. Algo realmente raro se4 é o director dunha escola de ciberpiratas. Sorprendeunos o feito de que Maverick estivera lendo un libro de papel e non un  e-reader cando quedou con Xoeliki. Sheila comenta que lle gustan máis os libros de papel, e que incluso hai algúns con olores. Para Laura, un libro novo ten un cheiro especial, a novo e a papel, como dice Maverick:

"A tecnoloxía e marabillosa, máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos..."

Comparamos a escola na que estudaba Xoeliki coa Escola Pirata. Na escola Pirata os rapaces aprenden divertíndose , cousa que na de Xoeliki non é así. Traballan en equipo porque " multiplica as ideas, os coñecementos  e as capacidades de forma exponencial".

Aitana considera que é bo traballar en equipo. Para Sheilka non é bo estar sempre argallando coas novas tecnoloxías. Yeray pensa que ser pirata non é nada malo. A Iza gustoulle moito, pareceulle entretido e divertido.

Outras frases que nos gustaron foron :
  • "Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..." (Pax 41)
  • "Non hai nada como aprender gozando" (Pax 54)
O final do libro pareceunos un pouco precipitado pero aínda así recomendámosvos a súa lectura.

martes, 28 de marzo de 2017

O RAIO VELOZ (II)


Este mes empezamos a segunda quenda  do Club de lectura, formado por Amalia, Yeray, Izabella, Sheila, Aitana, Amalia, Alejandra e Claudia.

Empezou Amalia facendo un breve resumo:
"Adrián, o protagonista, non busca gañar cartos co seu traballo senón axudar á xente. Tivo moitos traballos e sempre pensaba que eran os definitivos, pero algo pasaba que o facía cambiar de opinión"
Comentou que a parte que máis lle gustou foi cando no super cambiou a comida da cesta de Nadal polos alimentos, máis sans que levaban unha nai e unha filla nas súas bolsas.

O último traballo ao que se presentou o protagonista foi nunha empresa de mensaxería. Alí coñeceu a Rosa, a súa xefa, coa que tiña moitas cousas en común, como dixo Yeray. Unha destas era o gusto pola lectura e polos mesmos libros (Paul Eluard). Tamén o gusto polas adiviñas.

Amalia e Sheila pensan que a resposta á adiviña que queda sen resolver no libro é "O ovo". Non todos foron capaces de resolvela.
Para Sheila "O Raio Veloz" é un libro romántico e para Yeray de misterio e aventura. Para a profe Ángeles  é un libro de maxia. Adrián parece unha fada que cumpre os desexos da xente, un rei mago. De feito na páxina 41 dise: "Así é como se sentía Adrián, como un novo rei mago..."

En xeral disfrutamos todos deste libro e animámosvos a que tamén o leades vos.


lunes, 20 de febrero de 2017

AS BRUXAS DE ROALD DAHL


Nesta xuntanza empezou Salma facendo o resumo, unha historia de Bruxas contada por unha avoa. Para Sara é a historia dun neno e a súa experiencia coas bruxas. A Aida sorprendeulle que non aparecera o nome do neno en ningún momento. Álex di que poderíamos chegar a pensar que se trata dunha experiencia persoal do autor e que o protagonista podería ser Roald Dahl.
Héctor enumerou as características que distinguen a unha bruxa dunha muller normal, axudado por Sara.
A avoa era bruxófila, é dicir, estudosa das meigas por iso sabía tantas cousas sobre elas.
Unha cousa que lles sorprendeu foi que a avoa fumara puros negros. Non era unha avoa como as demáis!
Ofreceulle un puro ao seu neto e non lle importaba que non se bañara.
Héctor, Sara  e Aida comentaron o regalo que lle fixo a avoa antes da viaxe, dous ratos brancos cos que o rapaz quería facer un circo.
Entre a avoa e o neto conseguiron acabar con todas as bruxas convertíndoas en ratos.
Falamos tamén das ilustracións. Para Héctor gracias a estas podía comprenderse mellor o libro.
Reflexionamos sobre unha frase da páxina 277 :
"Da igual quen sexas ou que aspecto teñas mentres alguén te queira"
 Recomendámosvos a lectura deste libro.