domingo, 29 de marzo de 2015

ESTRENÁMONOS CO 2º GRUPO DO CLUB DE LECTURA



Despois destos meses, escoitando aos nosos compañeiros falando dos libros do club e das xuntanzas...
Por fin chegou o día!!!
Falamos do libro Chamádeme Simbad. Un libro que fala da especial relación que existe entre un neto e o seu avó, e das consecuencias da enfermidade do Alzheimer vistas por un neno de 10 anos.
Pareceunos a todos un libro cheo de valores e tenrura polo que vos animamos a lelo.

jueves, 12 de febrero de 2015

VISITAMOS O CENTRO DE DÍA










Por fin chegou o día!Fomos con moita ilusión e eles esperábannos tamén con entusiasmo .
Compartimos xuntos un anaquiño de tempo no que despois dunha breve presentación por parte de Noé e Quique, comezamos  a lectura do libro “A meiga Dona Paz” e diferentes poesías escritas polas nosas poetisas Carla, Aroa, Sara,Ainhoa, Alba, Carolina e Mara.


Eles tamén nos tiñan preparado un PAZEDARIO que seguimos completando entre todos.
Cantamos a canción de Diego Torres “ COLOR ESPERANZA”. Para finalizar  invitáronnos a merendar.Que rico,non só a merenda senón tamén o ambiente que creou!



Foi unha agradable experiencia que xa estamos desexando REPETIR.

NORABOA RAPACES POR SER TAN SOLIDARIOS E CARIÑOSOS COS MAIORES!!





miércoles, 28 de enero de 2015

jueves, 18 de diciembre de 2014

XOELIKI: AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA





Nesta xuntanza falamos de Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, con texto e ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro. Aventuras moi actuais,, dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto.   É moi afeccionado aos videoxogos, tendo incluso unha relación de amizade virtual.
O tema  resultounos moi  atractivo. A todos nos gusta Internet; o que nos levou a falar sobre o control e responsabilidade necesarios no seu uso.
Para todos resultou moi entretido, e a súa lectura resultoulles fácil, aínda que o final sexa o que menos lle gustou.

Resulta moi axeitado tamén  que alumnado e lectores teñan a posibilidade de chegar ao libro a través da rede, posto que conta coa súa propia páxina web,www.xoeliki.com., onde se pode  acceder a cada un dos personaxes,  aos autores,  e mesmo convidarannos a formar parte dun foro e sermos da súa Rede Social Tesouros Piratas. Algo que vai encantar.
As ilustracións que acompañan o texto tamén lles impactaron por seren moi especiais, cunha cor que nun principio podía chocarlles pero conincidiron en que era o máis axeitado..

lunes, 17 de noviembre de 2014

¡NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES!




 Estabamos un pouco nerviosos porque era o o noso primeiro día. Foi unha xornada que nos pasou voando.
Falamos de Sonia,que xa non é a rapaza marxinada da clase e que conseguiu superar a súa timidez, da súa valentía cando decide investigar e axudar a Pedro.Comentamos sobre o maltrato que sufren él e a súa nai, e ,a raíz disto, sobre a violencia de xénero.
  
A amizade, o interese pola lectura e o amor son algúns dos valores que descubrimos dentro desta historia.

Alba falou do importante que é axudar aos demáis cando alguén non ten problemas. Carolina incluso decidiu inmortalizar a Nata no seu caderno.
Algunhas das frases que lles gustaron foron:

  • "¡Nata y Chocolate  invencibles!"
  • "A veces resolver las cosas pequeñas ayuda a solucionar las grandes"
  • "Nadie que te agrede y que te hace daño puede seguir contigo. Una pareja es feliz creando un hogar feliz para ellos y para sus hijos."
Todos coincidimos en que é unha historia preciosa e que recomendaremos sen dubidalo. 



viernes, 10 de octubre de 2014

XA TEMOS EN MARCHA O NOSO CLUB DE LECTURA


  Un ano máis temos en marcha o noso club de lectura. Debido á cantidade de solicitudes tivemos que formar dous grupos. Xa nos presentamos e escollemos entre todos e todas as lecturas para este curso.
Todos con moitas gañas de empezar a compartir as lecturas e a paixón por elas.


O primeiro libro co que empezaremos será:

¡Nata y Chocolate invencibles!