
Foi unha xornada estupenda! Esperábannos con entusiasmo . Lara incluso trouxo un ramo de flores da súa casa para regalarlles.
Compartimos xuntos un anaquiño de tempo no que despois dunha breve presentación por parte de Aitana e Pablo, comezamos as actuacións

Para rematar representamos o conto de Kalandraka de AVÓS.
Tamén cantamos e bailamos todos xuntos: “ A saia da Carolina”, canción que tod@s coñecían .
Invitáronnos a una merendola para finalizar.
Foi unha experiencia inolvidable que volveremos repetir, sobre todo porque nos fixo sentir ben, como dicían os rapaces e rapazas cando saímos.
NORABOA RAPACES POR RECOÑECER A IMPORTANCIA DOS MAIORES
E POR COMPARTIR PARTE DO VOSO TEMPO CON ELES!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario