domingo, 14 de noviembre de 2010

LAS AVENTURAS DE "LA MANO NEGRA"








O xoves xuntámonos para falar do primeiro libro, Las aventuras de "La mano negra" .Este libro narra as aventuras dunha pandilla de rapaces que se dedican a resolver misterios como auténticos detectives. Félix, Rollo, Adela e o pequeno Kiki co seu esquío, son os membros desta banda.

Unha das cousas que máis lles gustou deste libro foi que o lector tamén estivera implicado na resolución dos casos, gracias ás ilustraciones nas que deben atoparse pistas e acertar enigmas.Tanto o texto como as ilustracións teñen que ser lidas para captar o sentido da historia.

A diversión non está só en resolver as preguntas, senón en disfrutar dos debuxos, que teñen todo tipo de detalles. Esta parte lembroulles o libro de “Buscando a Wally”, no que as ilustracións tamén xogan un papel moi importante.

Todos quixeron seguir a dinámica do libro , que se plantexa na introducción, para descubrir se eran bos detectives:

"Busca la solución en cada dibujo y anótala en un papel siempre que hayas acertado. Encontrarás la respuesta en el texto de la página siguiente. Lee texto y dibujos con atención, y cuando termines el libro, suma todos los aciertos. En la página 130 tienes la clave para poder evaluar si eres un buen detective o... si necesitas afinar tus dotes de observación."

A María gustoulle especialmente unha frase: “Como somos cinco todo es más fácil”. Desta frase puidemos deducir a importancia do traballo en equipo, da amistade, da colaboración…A súa afición común para a investigación sempre a enfocan para axudar aos demáis.

O libro remata cunha frase de Sherlock Holmes: “Aprendió toda su vida”.Pablo falounos deste detective de ficción e comentamos sobre outros libros cunha temática parecida.

É un libro moi entretido e moi ameno. Convirte ao lector en alguén activo, métete de cheo na historia. Recomendámolo para quen quera coñecer este tipo de lectura.


No hay comentarios: