sábado, 10 de octubre de 2009

LISTADO DE LIBROS ESCOLLIDOS





Este ano debido ao elevado numero de alumnado de 6º ,anotado para o club, vímonos obrigados a centralo só neste nivel coa conseguinte pena dos de 5º. A estes últimos os temos en lista de espera e en caso de haber algunha baixa iríamos chamándoos. Pero xa lle prometimos que o mes de maio estará dedicado para eles. En canto aos libros que íamos ler, levámoslle unha relación de títulos e despois de ler un breve resumen deles elixiron os seguintes:

Contatrás,Paula Carballeira

Ed.Positivas

Aínda quedan piratas na costa da morte

Consuelo Jiménez de Cisneros

Ed.Edelvives

El diario de Ana Frank.

Ed. Debolsillo

As flores radioactivas

Agustín Fernández Paz .

Ed. Xerais

Vero en la corte del Rey Arturo.

Carlos Puerto. Ed. Edelvives

Darwin el viajero.Nicolas Cuvi.

Ed.El rompecabezas


Eles e elas xa saben que o Club de Lectura Bibliobrey intenta ser un lugar , onde compartimos e intercambiamos opinións, pensamentos, inquedanzas ou sentimentos causados pola lectura dos libros.


“Ler fainos máis comprensivos,

potencia a nosa imaxinación e

danos a posibilidade de vivir

outras vidas ademáis da nosa”



No hay comentarios: