jueves, 14 de mayo de 2009

MALEKÍN NO NOSO CLUB DE LECTURA




A xuntanza comenzámola lendo unha reseña á lectura que fai o avó de Cristina no libro:

“La lectura es muy importante. Leer nos hace más comprensivos, potencia nuestra imaginación y nos da la posibilidad de vivir otras vidas además de la nuestra.”

Falaron dos personaxes e dos seus pasaxes favoritos.A Carla e Yanira encantáronlle as historias de fadas que lle contaba Alicia a Cristina, como a da fada do Eco ou a historia de Calipso e o mariñeiro.Desta última historia leron unha frase que lles chamou a atención:

“El verdadero amor no es el que te ata, sino el que te deja libre”

A Aitor encantaríalle vivir nunca casa chea de misterios como a do avó de Cristina, e a Samuel encantaríalle saber tanto de fadas como o avó.

A Laura encantoulle o final, cando Cristina e Alicia conseguiron salvar a Malekín mediante o abrazo das tres.

Despois desta sesión todos nos quedamos con gañas de saber máis sobre a vida destes seres máxicos e sorprendentes.

Estas ideas foron algunhas das que centraron o debate que acabou coa idea de que o libro nos gustou en liñas xerais.

1 comentario:

Encarna dijo...

Bea, estou desexando comezar co noso club de lectura, terá que quedar para o vindeiro curso, porque estivemos moi liados con outras cousas, o tempo sempre é a falta de tempo...
Parabéns por esas xuntanzas tan agradables, Que envexa!!!
Bicossss.
Encarna, Pontedeume.(EX de Tebra)