miércoles, 12 de noviembre de 2008

OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA NO NOSO CLUB DE LECTURA

Hoxe foi a primeira xuntanza do club deste ano para falar do primeiro libro,Os Megatoxos e a espada esmeralda.A biblioteca pechada só para nós.
Para acompañar a xuntanza, que mellor cun biscoito de chocolate caseiro e unhas galletiñas.Un bo xeito de comenzar mezclando literatura e gastronomía.
Que momentos tan intensos compartimos!Como se iluminaban os vosos ollos cando falábades das vosas partes favoritas!

Grazas por tanto entusiasmo!






Algúns comentarios dos que fixéchedes foron:

  • "As partes de misterio foron as que máis me gustaron "
  • "Resultoume algo difícil a súa lectura por estar en galego"
  • "Gustoume cando Faísca salva a Ninfa"
  • "As rimas de Ninfa encantáronme"
  • "Pareceume máxico cando Ninfa dunha landra fixo crecer a planta para buscar a luz e así dar coa saída"
  • "A escena, coa que máis disfrutei, foi ca da biblioteca cando Ruxe tivo que convertirse en quenlla para salvar aos seus compañeiros levando o libro entre as augas para abrir a porta"
  • "É un libro emocionante e misterioso"

3 comentarios:

Cristina Novoa dijo...

Noraboa ao club de lectura Bibliobrey, ás profes, ás alumnas e aos alumnos. Que boa pinta tiña ese biscoito e que ben había saber tomado así: en compañía e falando dos libros que nos gustan. Parabéns!!!!

Chispa dijo...

Espero poder empezar con esta actividade en breve. Mentres tanto, dádesme unha envexa...
Noraboa Bea e noraboa nenos e nenas!
Un saúdo verde esmeralda desde a Biblio do CEIP de Pazos.

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns por esta actividade que tanto ides disfrutar. Nós comezamos hai tres semanas e tamén o pasamos moi ben.
Bicos de nata para ese biscoito tan apetitoso.
Beaaaaa, porfa, mándanos un!!!