jueves, 16 de enero de 2020

CHAMÁDEME SIMBAD



O luns , 13 de xaneiro, tivemos a 3º reunión do Club de lectura para comentar o libro “CHÁMADEME SIMBAD” de Francisco Castro.

Recordamos momentos do libros que nos gustaron:
Brais e Antía: “O reencontro entre  avó e neto”
Xian: “ As aventuras que viven os dous no sofá do salón”
Paula: “ Cando Paulo ve a seriedade do asunto e logra que consigan chegar a un acordo”
Pablo e Emna Barcia: “ Cando le a carta do avó”
Silvia: “ No momento cando ve o cartel da taberna. Paulo paréceme moi maduro”
Emna Alen: “ Cando di que  seu pai  tiña a orella vermella de tanto usar o móbil”
Juan: “ Cando pai e avó conversan”
Alicia: “ Cando xogan aos piratas”

Este libro invita a reflexionar sobre aspectos sobre os que probablemente non se nos ocurriría nin pensar e estas son as nosas aportacións:
Xian: “Recórdame ao meu avó, que tamén sufríu esta enfermidade”
Paula: “Simbad foi moi responsable,  entendeu dende un principio a situación e soubo xestionala”.
Pablo: “ Ás veces os nen@s podemos ser máis responsables que os adultos”
Silvia: “ Ensinoume que facer pequenos xestos para axudar e alegrar aos demais  pode ser moi útil”
Emna Alen: “Paréceme que os nenos tamén podemos opinar . Os adultos non adoitar escoitar a nosa opinión e toman decisión sen escoitarnos sequera”
Antía: “ Ensinoume que non hai que sentir vergoña porque alguén teña unha enfermidade, só hai que intentar axudar e comprender”.
Juan :” Hai que loitar polo que queres”.
Andrea: “ Non se pode deixar de lado a ninguén por sufrir unha enfermidade, hai que axudalo”.

Andrea díxonos unha cousa moi bonita: “Eu creo que unha persoa imaxinativa sempre está alegre”, fagámoslle caso a Andrea e sexamos IMAXINATIVOS, o mesmo que Paulo e o seu avó.

Próxima lectura XOELIKI, un neno cibernauta.



martes, 17 de diciembre de 2019

OS CLUBS DE LECTURA DE QUINTO


Nas derradeiras semanas os rapaces e rapazas de quinto realizamos varias reunións dos nosos novos clubs de lectura.

Hoxe decidimos compartir con vós algún momento desas xuntanzas.

Os primeiros libros escollidos son "KIBUKO", de Xavier Estévez, e "OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA" de Anxo Fariña.

Xa vos contaremos como nos vai. Por agora comenzamos con moita ilusión. Ata temos mascota!!!





lunes, 16 de diciembre de 2019

COMPARTINDO ACTIVIDADE NO IES VAL DO TEA CON ANÉMONA DO RÍO.


O venres, día 13 de decembro, na biblioteca do IES Val do Tea recibiron a visita da ilustradora pontareana, Anémona do Río, autora do primeiro cómic-manga galego titulado TAM; e nós, o club de lectura,  fomos convidados para  asistir.

Os  motivos da visita eran:


-Comentar o cómic e resolver todas as preguntas que tiñamos para ela.

-Inauguración na biblioteca dese centro, dun andel con libros sobre a igualdade.

Foi unha sesión moi entretida, comezamos cunha roda de preguntas, ás que Anémona respondeu con amabilidade.


Acaba de recibir outro premio, esta vez cun cómic con contidos científicos, titulado “A proba da auga”. Este cómic será publicado na próxima primavera pola editorial xerais.

É a historia dunha gotiña de agua que entra nun corpo humano e ten que realizar un longo percorrido. 

Estamos desexando lelo!


Revelounos o segredo para ser un bo/a debuxante: “practicar, practicar, practicar…”

Para finalizar mostrounos os pasos que foi seguindo para a creación do cómic TAM. A propósito, este manga tamén recibíu un premio antes de ser publicado.


Encantounos coñecer a Anémona do Río, algúns tentaremos seguir os seus pasos.


Grazas ao Club de Lectura (de 1º e 2º da ESO)do IES por compartir con nós esta experiencia.


OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA. ANXO FARIÑA




A maxia nas lecturas, os superpoderes …descubrímolos no libro que comentamos esta semana: “Os megatoxos  e o aprendiz de druida”.



“Faísca, Ninfa, Ruxe e Lúa son os protagonistas, teñen que transportar unha especie de  toxo mutante dentro dunha urna. Rompen a urna e adquiren superpoderes.

O toxo transpórtase á época dos celtas a Galicia. Os catro viaxan nunha máquina do tempo  na busca do toxo. Na aldea onde  atopan o toxo, coñecen o Gael, o aprendiz de druída, que entre os ingredientes dunha apócema, mete un anaco do toxo mutante e crea un ser maligno, chamado Drunxel.

 Eles axudan ao pobo de Gael , a librase do monstro , pero non consiguen coller toxo, que de novo se transporta”.  

 Aprendemos:

O toxo na realidade é unha planta considerada una especie exótica invasora das máis dañinas.

Os celtas galegos tiñan bruxos ou druidas nos seus poblados e curaban con apocemas.



Os nosos comentarios:

Emma Alén descubre que no libro aparecen valores como o traballo en equipo e Silvia comenta que é interesante porque tod@s aportan algo e se complementan entre eles.

Paula: “ Gustaríame ter o superpoder  dos feitizos porque podería maldicir á xente mala”

Xian: ” Eu querería ter o pode do lume poque sempre de pequeno soñaba con ter poderes e cando vexo o lume quédome abraiado mirando para el”.

Andrea: “ Molaría ter lume, sobre todo cando vai frío”

Antía: “ Gústame o poder de facer crecer a natureza porque a min encántanme as plantas e as flores”

Alicia: “ Hai sitios sen vexetación , eu podería facer que crecese”.

Para Daniela o personaxe mellor da historia é Lúa porque ten a autoestima moi alta.

Juan di que lle chama a atención Lúa porque non quere facer nada e que sempre se está queixando.

O vindeiro libro...“Chámade Simbad”. A súa portada  chamounos a atención, porque coñecemos un protagonista doutro libro que se chama Simbad. Terán algo que ver os dous libros? Descubrirémolo pronto.

jueves, 7 de noviembre de 2019

A SEÑORITA BUBBLE DE LEDICIA COSTAS


Impacientes e deseos@s de que chegara o día, xuntámonos para comentar o primerio dos libros propostos para este ano, “ A señorita Bubble” de Ledicia Costas.
Foi unha experiencia moi gratificante comprobar que tod@s lemos o libro con entusiasmo e ilusión.    Ledicia Costa, escritora galega, escribíu este libro como  homenaxe entre outros persanaxes, a Mary Poppins.  A historia transcurre nun pequeno pobo, onde tod@s se coñecen.
  Andres Meixide, o ilustrador, Crea imáxenes que semellan á anatomía humana e animal.
  Falamos sobre os personaxes: 

                Noa, intelixente e lectora.
                      Sofi, faladora e disléxica.
                        Sta. Bubble, inventora e xenerosa.
                      Vicent, triste e  cariñoso.
                       Paola e Úrsula, mafiosas e malvadas.
                       Os país de Noa e Sofi, demasiado ocupados e preocupados.
                       Úrsula e Paola recórdannos á profesora da protagonista do libro de Matilda.

No libro recoñécense valores como a importancia de ser un mesmo, o respecto ao diferente, a importancia da imaxinación e da fantasía.      Unha vez máis comprobamos que “as apariencias enganan”.
As nosas frases:
Alicia: “Grazas a Noa e Sofi non queimaron a casa porque nela estaba Vicent”.
Antía: “A Sta. Bubble podía ver o que pasaba có seu ollo”.
Emma A:” Vicent estaba triste porque non o quixeran os seus país e o abandoaran”.
Enma B:” A caniche dicía que tiña alerxía aos nen@s”.
Brais: “Grazas á Sta. Bubble , Noa e Sofi aprenderon a non xulgar un libro pola portada”.
Pablo: “Asombroume todo o que podía facer a Sta. Bubble, as súas invencións”.
Daniela: “Grazas a Noa e Sofi, Vicent foi un neno feliz”.

 Unha vez máis  viaxar coa imaxinación foi  maravilloso!

O próximo libro será “ Os megatoxos”.


martes, 8 de octubre de 2019

A SEÑORITA BUBBLE



Xa temos nas nosas mans o primeiro título do libro que imos ler , A SEÑORITA BUBBLE, de Ledicia Costas.
Conta a historia dunha inventora que chega a unha localidade e non é moi ben recibida polos seus veciños. Sinten un odio especial hacia ela dende o primeiro día. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos e polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que sucedía realmente no interior da súa mansión.

QUE GANAS DE SEGUIR DESCUBRINDO A SÚA HISTORIA!!!

miércoles, 2 de octubre de 2019

XA ESTÁ EN MARCHA O CLUB DE LECTURA

Aínda que temos todavía en obras a biblioteca, o noso club de lectura xa está en marcha. Xa teñen o listado dos libros que van ler e tamén as actividades que van facer  no taller dos recreo.

MOITO ÁNIMO RAPACES E RAPAZAS!!! A DISFRUTAR!!!