domingo, 23 de febrero de 2014

VISITA AO CENTRO DE DÍA



Un ano máis  fomos visitar o Centro de Día da Terceira Idade. Encántanos ir por iso preparamos todo con tanta ilusión.

Foi unha xornada estupenda! Esperábannos con entusiasmo . Daniela incluso trouxo una camelia da súa casa e regaloulla a Asunción, quen non se separou dela en todo o tempo que estivemos alí.

Compartimos xuntos un anaquiño de tempo no que despois dunha breve presentación por parte de Ana e Daniela, comezamos  as nosas   actuacións.
 Jorge, Laura, Ángela, Lorena e Sara  recitaron poemas  adicados a todos os avós e avoas.
Estela e Aida compuxeron e leron  o seus propios poemas, adicándolles estos como agasallos.
Bruno e César  tocaron coa flauta “ A saia da Carolina”, canción que tod@s coñecían e que  cantamos xuntos.

Aproveitamos esta visita para Celebrar  o DÍA DA PAZ por iso Marcos leu un poema de Gloria Fuertes, moi axeitado para a ocasión.

 Entre todos fixemos unha sopa de letras xigante sobre a PAZ e cantamos a canción de Roberto Carlos “ Yo quiero tener un millón de amigos”. Para finalizar invitáronnos a una merndola.

Foi unha experiencia inolvidable que volveremos  repetir,  sobre todo porque nos fixo sentir ben, como dicían os rapaces e rapazas cando saímos.


Moitas gracias a todos os que traballan alí ,que nos acolleron tan ben, e sobre todo  a Aurita, Josefa, Asunción, Victoria, Nieves, Avelina... pola súa atención, aplausos, conversas e incluso polos silencios dos que non falaban pero que coas súas miradas nos dicían tanto.

NORABOA RAPACES POR RECOÑECER A IMPORTANCIA DOS MAIORES 

E POR COMPARTIR PARTE DO VOSO TEMPO CON ELES!!!

viernes, 7 de febrero de 2014

O AROMA DO LIQUIDÁMBAR







Empezamos a xuntanza cos arrecendos de herbas perfumadas herba luisa, loureiro, lavanda... e a presenza dunha pola e follas do liquidámbar.
Deseguido se percataron do porqué deste comenzo, lembroulles os recendos das herbas perfumadas de Adelaida e a árbore da que tanto falan no libro e o que se lle debe o seu título. 
Falamos de Miro e da súa historia. Él non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais e uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente. Unha rosa fresca no cuarto de Susana mantiña viva a súa presenza no corazón de Miro; os recendos das herbas perfumadas de Adelaida, e sobre todo o aroma do liquidámbar, recordábanlle a Daniel o espírito feiticeiro da súa nai, e mais o de Violeta, a súa centenaria avoa.
 An Alfaya recurre ás palabras para adentrarse na sensación de ausencia. Este libro esconde nas sus páxinas unha historia que nos enganchou a todos dende a primeira líña. Fai reflexionar sobre temas  como son o acoso escolar, a inmigración, a interculturalidade, a amizade...
Un libro que vos recomendamos a todos e todas.


domingo, 12 de enero de 2014

BALA PERDIDA NO NOSO CLUB





Nesta xuntanza falamos sobre Bala Perdida, Rai, Rosa e algúns dos outros personaxes.
Comentamos sobre os xudeus e os campos de exterminio, Laura  incluso nos comentou o que ela investigou sobre este tema.
Laura Blanco  nos trouxo información sobre San Andrés de Teixido xa que no libro fálase deste sitio da Costa da Morte.


 Resultáronlle moi simpáticas algunhas das comparacións que utiliza o escritor:

"Cando as baleas se acatarran, tusen coma os vellos do asilo"
"Tiradentes agarraba o timón como un volante de Fórmula 1"...


Leron tamén as frases que máis lle gustaron e comentámolas:


"Non hai nada pai... coma o doce colo da nai"( Px 23)
"O home é un ser feble ... coma a liberdade" (Px 119)
"A frecha do tempo vai facendo un camino. Se a forzamos ao noso capricho, crávase no peito."
(Px 111)


 Aínda que para a maioría é un libro que tarda un pouco en engancharte pero unha vez que empezas non eres capaz de parar, e seguro que lles vai deixar bos recordos.

viernes, 22 de noviembre de 2013

VERO Y EL FANTASMA DE CANTERVILLE



Un bo libro para disfrutar durante estas semanas no que puidemos acompañar a Verónica nesta  viaxe e descubrir que algo estrano ocurre  neste  castelo  de Canterville. Tiña que atopar o segredo que nel esconde este fantasma. Ela non lle ten medo á oscuridade do lugar. Verónica consigue develar o misterio do fantasma, e nós con ela.

 Falamos das partes do libro que máis nos gustaron, sobre os personaxes... e tamén sobre a linguaxe utilizada,fixámonos tamén na cantidade de frases feitas que aparecen:

"Aquí paz y después gloria"(Pg 33)
"Sirve tanto para un roto como para un descosido" (Pg 33)
"... a lo hecho, pecho" (Pg 37)
"... como Pedro por su casa"

Seguro que despois de ler este libro xa todos estades desexando ler o libro de Oscar Wilde "O fantasma de Canterville". Podedes atopalo na  Biblioteca municipal,  e esperamos telo pronto na  nosa biblioteca.

Se  clicades enriba desta portada disfrutaredes dun pequeno adianto.

viernes, 11 de octubre de 2013

XA ESTÁ EN MARCHA O NOSO PRIMEIRO CLUB DE LECTURA


 Xa estamos en marcha un ano máis. Tivéronse que formar dous grupos debido á cantidade de solicitudes. Todos con moitas gañas de empezar a compartir as lecturas e a paixón por elas.
O primeiro libro co que empezaremos será:

"VERO Y EL FANTASMA DE CANTERVILLE"

Qué terrible secreto atormenta ao fantasma? Para descubrirlo, Verónik@  adéntrase nos rincóns máis recónditos do castelo. Os novos e extraños inquilinos americanos virán a complicalo todo.

Un bo título para este mes de SAMAÍN, mes cheo de meigas, trasnos, pantasmas...

viernes, 21 de junio de 2013

REMATAMOS CON CINE




Tocaba ver a película organizada para pechar co club este ano de lecturas. A película escollida foi "HOYOS".
Quedamos no cole ás catro da tarde estabamos alí puntuais. Non eramos todos, pois algúns non puideron asistir xa que tiñan exames de consevatorio e outras actividades. Os que asistimos tiñamos moitas ganas de pasar un momento xuntos, comendo palomitas e vendo unha película que resultou divertida, entretida e con moito "fundamento"
Basada na novela de Louis Sachar, unha obra de realismo máxico xuvenil,  convertida nunha rica e sorprendente película chea de valores como a amizade, do traballo en grupo, o respeto pola diferenza... -
Estamos desexando poder empezar a ler o libro. 
Este verán pode ser un bo momento para empezar a lelo.

FELICES VACACIÓNS... E SORTE PARA ESTA NOVA ETAPA DAS VOSAS VIDAS!!!

domingo, 12 de mayo de 2013

OS MAGOS DO GRAN BAZAR




“No reino de Bazar, na cidade de Dahira vive o sultán AKBAR. O gran bazar é un mercado único,  onde se vende produtos máxicos. Cada ano otórgase un premio ao mellor mago do ano, ó que venda máis productos. Ese ano teñen un problema, tan só falta un día e aínda non está elexido o gañador. Será a princesa Lía e a seu amigo Ali quenes teñen que investigar a todos os magos . O tempo corre e falta pouco…”

O  luns, día 6 de maio tivemos a 3ª reunión do club de lectura.
OS MAGOS DO GRAN BAZAR, un libro entretido e divertido que nos soubo a pouco.
Despois de un breve, pero intenso  resumen  que nos fixo Adriana, empezamos a comentar os aspectos máis destacados:
Soubemos que un Bazar é un mercado oriental.
A relación do libro coas matemáticas, onde aparecen conceptos como a proporcionalidade e a regra de tres.
 Vocabulario interesante, con palabras que algúns non coñecían: escarlata, oprobio, mordaz, autómata…
Gústounos eso de mezclar no tempo elementos modernos e tecnolóxicos como o uso de robots, con outros máis tradicionais.
Gemma  comentounos  o que lle gustou especialmente. Ela dixo: unha descrición que me parece preciosa

 “ La mercancia estaba apilada sobre mostradores de azulejos con hermosos dibujos, y anchas lámparas de bronce iluminaban el establecimiento, arrancando mil reflejos irisados de los diseños multicolores de las alfombras”.pax 27

Paula destaca  sobre todo a páxina na que fala de que non hai. que xulgar a xente polo seu aspecto, senon polas obras e tamén que as persoas que sempre nos din cousas boas, non son de fiar.
Outra frase que nos chamou a atención foi que:
 “ las serpientes son como las personas, no hay dos iguales”.
Os nosos personaxes favoritos son:
  Lia porque era valente, xenerosa e humilde  e por suposto lista e moi eficaz. “ A perla de Asia”, un  alcume que indica o que ela significaba para os demais.
Ali  por ser un bo amigo.
A maga Farah porque era humilde e bondadosa.
A todos nos resulta  pedante  e adulador Iraj .
Os 30 minutos do recreo non foron suficientes para comentar todo o que nós queriamos, pero coma sempre, quédanos bo sabor de boca para a próxima e última reunión, o  5 de xuño.