lunes, 8 de abril de 2013

XOELIKI NO 2º CLUB DE LECTURA




Que magoa! Había tantas cosas que dicir, que o tempo fíxosenos curto.
Por suposto, referímonos  a Xuntanza do Club de Lectura. O libro a comentar era XOELIKI  de Abraham Carreiro. Libro cunha temática totalmente diferente a NATA Y CHOCOLATE, pero non por iso menos interesante.
Xoeliki, un rapaz, orfo de pai, case sen querer entra no mundo da informática e mesmo atopa  a clave para vencer un serio virus que ameaza o futuro dos rapaces da súa escola no mundo da Internet.
O tema  resultounos moi  atractivo, a todos nos gusta Internet; o que nos levou a falar sobre o control e responsabilidade necesarios no seu uso. Incluso comentamos casos de enganos na rede.
Gemma comentounos que está moi de acordo coa frase:
“ Ler é máxico, axuda a medrar”.
 Ela comparaba ver a película con ler o libro , e dicía que "no libro ti eres parte do conto porque te tes que imaxinar cousas, na película xa cho dan feito”.
Pedro considera que traballar en equipo é fundamental, por iso resaltou a frase:
 “Traballar en equipo, multiplica ideas”.
A Laura Collazo  a frase que máis a impactou foi: 
”Non hai nada como aprender gozando cada día”.
 O que a levou a pensar  nas Matemáticas,  polas que sente fascinación. “A min gústanme as Matemáticas, para min son maxia,encántame investigar para resolver unha cousa  e que me saía outra”. Díxonos que resolvendo misterios o pasa divinamente.
Todos  opinamos o  mesmo, que preferimos aprender disfrutando e se pode ser en equipo, xa que  resulta máis doado.
Outro detalle que nos chamou a atención  foi a obsesión da nai e de Xoeliki por pulsar a tecra  SCOLL LOCK , sobre todo el, cando estaba en apuros pensaba no seu pai e pedíalle  axuda, quizais pensaba que onde quera que el estivera  coidaría del.
Poidemos coñecer palabras relacionadas con Internet que nunca antes escoitaramos.

E para rematar unha agradable noticia, xa temos data para recibir a Alicia Borrás Sanjurjo, estamos impacientes por coñecela, dado que para nós  Nata y Chocolate é un libro entrañable.

Como sabedes somos grandes lector@s e temos algunhas recomendacións para vós :
  • La invención de Hugo Cabret
  • Regreso a la tierra de dragones
  • Donde los árboles cantan

sábado, 9 de marzo de 2013

DISFRUTANDO DE NATA Y CHOCOLATE CO 2º CLUB DE LECTURA




Por fin chegou o día!  Eran tantas as ganas de comentar cousas que o tempo non nos chegou a nada.

Falamos  dos valores que se fomentan con esta historia como a tolerancia, o amor pola literatura, a empatía, a solidariedade, a autoestima...

No libro, Sonia sufre abusos por parte dos seus compañeiros por ser albina, pero os casos deste tipo danse diariamente en moitas aulas . Por eso aproveitamos este momento para falar do tema. Comentamos que deben denunciar estos actos tanto si son víctimas como testigos de accións semellantes e que non se debe deixar que os abusóns dominen as aulas.Como moi ben dixo Carla, hai que axudar aos que sufren.
Adriana quixo facernos partícipes e reflexionar sobre un fragmento que dicía:
          "Hacer reír burlándose de otros es fácil...pero suele ser cruel. ¿Alguno de vosotros le ha preguntado a Sonia si le gusta que le llamen Nata?"(pg 40)
 Foi un bo momento para falar da empatía e comentar experiencias concretas.
 Foron moitas as frases que quixeron destacar:
    
"No hay que pensar en lo que no tiene solución"(pg 10)

"...la gente lectora es mucho más rica por dentro, te lo aseguro...Espero que
llegues a descubrir el placer de leer."(pg 19)
"...a veces es bueno que uno se de cuenta de lo que otro puede sentir para aprender a no hacerlo"(pg 90)
          "Una sonrisa es más bonita que una risa"(pg74)

Disfrutamos de cada momento da xuntanza pero faltábanos a profe Ángeles porque está de baixa. Esperamos verte pronto profe!

domingo, 3 de marzo de 2013

ÚLTIMA XUNTANZA DO PRIMEIRO CLUB DE LECTURA






Esta foi a última xuntanza deste grupo xa que a próxima empezará o outro club.
Aínda quedan piratas na Costa da Morte é a  obra que estivemos lendo durante estas semanas.Esta historia sucede nun lugar da nosa costa .
 Empezamos a saborear o bizcoito de chocolate e entre bocado e bocado fomos intercambiando opinións sobre este libro. Compartimos  as nosas opinións sobre a historia, que se ía tecendo, e sobre as personaxes.
Falamos do cambio de Hector na súa estancia na Costa da Morte incluso "afeccionárase á lectura e lía toda clase de libros dos máis variados temas, deixándose levar pola curiosidade e polo impulso".Al igual que a él gustáronlles as lendas e historias da zona e incluso algúns buscaron máis información sobre a zona e o porqué do seu nome.
María tamén buscou información sobre a escritora que compartiu con todos.
Grazas a este libro algúsns xa están desexando ler "A ILLA DO TESOURO",O libro no que  atopan as pistas  para descubrir o tesouro que deixou o avó.

Un libro cheo de misterios e aventura que vos recomendan a todos e todas.



martes, 5 de febrero de 2013

VISITA AO CENTRO DE DÍA DA TERCEIRA IDADE.










Foi unha xornada estupenda!. Esperábannos con entusiasmo e nós fomos con moita ilusión.
Compartirmos xuntos un anaquiño de tempo no que despois dunha breve presentación por parte de LUIS e PEDRO, comezamos  as nosas  humildes actuacións:
PEDRO e LUIS leron uns fragmentos de textos adicados a todos os avós .
RAQUEL, PAULA , PALMIRA e MIRIAM representaron un precioso conto titulado AVÓS de Chema Heras. Por certo, que grandes actrices!!!

  A avoa non quere ir bailar porque se ve velliña …ata que se da conta de….PRECIOSA HISTORIA!

BEATRIZ E ISMAEL RECITARON poemas, acompañados do son da frauta, que tocaba CARLA.
LAURA COLLAZO inventou o seu propio poema, adicándollo a aqueles av@s.
Para rematar MARÍA, ANDREA E GEMA tocaron “ A saia da Carolina”, canción que tod@s coñecían y que tod@ cantamos e algún mesmo bailaron.
Eles tamén nos leron un poema sobre a Paz. Entre todos cantamos a canción de Ana Belen “ La muralla”. Para finalizar invitáronnos a tarta da avoa e zume.Que rico!.
Foi un agradable experiencia que volveremos a REPETIR,  sobre todo porque nos fixo sentir ben.

NORABOA RAPACES POR RECOÑECER A IMPORTANCIA DOS MAIORES E POR SER TAN SOLIDARIOS!! 


lunes, 14 de enero de 2013

LOS MAGOS DEL GRAN BAZAR






Ista vez o gran libro era “Los magos del gran Gran Bazar” de Ana Alonso
                                       
O sultán do Gran Bazar é moi afeccionado a maxia, ten a sorte de que o seu bazar ( mercado)  é único, xa que nel véndense productos máxicos. Cada ano concédese o Premio ao mellor mago. A un día da elección, non saben quen será o gañador. LÍA, a súa filla será a encargada de elexir entre todos eles  ó mellor mago: un mercader de alfombras máxicas, un vendedor de serpes máxicas, un vendedor de babuchas máxicas… de pasteis MÁXICOOOS!
O personaxe favorito foi para algúns de  nós a maga gañadora, FARAH, pola súa bondade e xenerosidade e para outros o vendedor de serpes máxicas.
Os personaxes que menos nos agradaron: foron o vendedor de alfombras, ZARIR, era tramposo e moi ambicioso e tamén o ministro do sultán, que era presumido e brusco.
Recollemos unha frase que nos gustou especialmente:

” No hay que juzgar a la gente por su aspecto, sino por sus obras”

O libro gustounos moito:
- Aprendemos vocabulario, palabras como escarlata, autómata, oprobio, prosaico etc .
- Descubrimos que na lectura por placer tamén se poden aprender conceptos matemáticos:
        OS PORCENTAXES E A PROPORCIONALIDADE.
Tivemos tempo de poñer en práctica os nosos coñecementos matemáticos e axudámoslle a ALI a calcular a agua que precisaría  cada día para dar de beber a 16 elefantes, se 10 elefantes  precisaban 1900 litros.

Para finalizar un xogo:
Con xesto  sen palabras debiamos representar a un dos magos do Gran Bazar, os demais adiviñar de quen se trataba.
Palmira, con xestos e señas imitounos ao vendedor de serpes. Tivo que darnos unha pista, pero acertamos.

Os compañeir@s deste Club recomendan algunhas lecturas:

Las crónicas de la torre.
Memorias dun neno labrego
Diario de Greg
Un coche de carreiras.

Con novas lecturas, despedímonos ata a próxima xuntanza que será o 6 de febreiro.

jueves, 13 de diciembre de 2012

XOELIKI NO CLUB DE LECTURA




Na semana pasada os membros do CLUB DE LECTURA, tivemos a segunda xuntanza.
Esta vez, xa tod@s estábamos máis relaxad@s e de novo, o libro proposto nos resultou entretido e moi interesante, sobre todo porque nel se fala de algo que ós rapaces e rapazas de hoxe en día nos gusta  moito, A INTERNET.
Algúns de nós, ata nos sentimos  identificados co protagonista: aficcionado aos videoxogos, quere ter un móbil, a mesma idade… en fin que nos acercamos, ó que hoxe se lles chama “ Tweens”.
Aprendemos vocabulario relacionado cas novas tecnoloxías, cousa que nos vira moi ben; e mesmo tentamos entrar no foro e participar na rede social Tesouros Piratas.
Todos coincidimos en que hai un personaxe Zero, que nos resulta pouco simpática, xa que nos recordaba a Lola de “Nata y Chocolate”, ambas abusonas e pouco amables.
No libro hai  moitas frase bonitas, pero nós destacarimos: “Ler é máxico, axuda a medrar, a viaxar…”.
Reflexións:
Saber traballar en equipo é moi importante. A Internet resulta moi útil e gústanos moito, pero pode ser perigosa, hai que ser responsables.
Rematamos recibindo unha agradable noticia: Estamos convidados polos anciás do Centro de día  a pasar un anaco de tempo con eles.¡ Estamos preparando unha sorpresa!.


domingo, 11 de noviembre de 2012

PIMEIRA XUNTANZA CON" NATA Y CHOCOLATE"



Era o noso primeiro día e estabamos un chisco nerviosos. Foi unha xornada interesante e o tempo pasousenos voando.
A Sonia únenos o amor polos libros, así como a Rosalía que para  darlle unha boa impresión recoméndalle "A historia interminable", de Michel Ende. Nós tamén quixemos compartir aquel libro que nos gustou especialmente:
  • Nicole: "El enigma Averroes"
  • Nerea: "Malekín o el secreto del armario"
  • Javi:"Viaje en el tiempo"
  • Miriam: "La abuela de Tutancamon"
  • Andrea: "Historias secretas en la noche"
  • Palmira: "O Principiño"
  • Yoli: "Dos velas para el diablo"
Fixéronse as seguintes reflexións:
  • Hai que axudar a quen non se pode defender só.
  • Unha broma pesada pode facer moito dano.
  • Non podemos permitir que nos obliguen a fcer o que non queremos.
Algunhas das frases que lles gustaron foron:
  • "Nata y Chocolate serán invencibles"
  • "Cuando tú naciste nos pareció que había nacido un hada, eras blanquita y transparente"
  • "No volveré a trabajar para tí y mucho menos si me obligas a hacerlo"


Todos coincidimos en que é unha historia preciosa na que se resaltan valores tan importantes como a amizade, a autoestima, a solidariedade...