Durante un bo tempo estivemos hoxe intercambiando opinións e comentarios sobre este maravilloso libro.
Falamos das diferenzas entre as dúas tribus.
Na de "Fillos do vento"as mulleres tiñan que levar o rostro tapado e non lles deixaban montar a cabalo nin tecer animais ou homes nas alfombras, ademáis son sedentarios.
Na de"Fillos da tempestade":as mulleres poden montar a cabalo e non levan o rostro tapado, eles son moi hospitalarios e nómadas.
Foi unánime a necesidade de falar da situación de inferioridade da muller nestas culturas e da importancia de respetar o dereito á igualdade de oportunidades.
Os persoaxes favoritos resultaron ser Amina e Tarik, aínda que para Iván tamén está Mustafá.
Pedro Sánchez comentou que a conclusión deste libro é que cando nos interesa realmente algo debemos esforzarnos ao máximo para conseguirlo.
Impresionoulles sobre todo a valentía dos personaxes.
ANIMÁDEVOS A LELO!!!
Gustoume porque é de aventuras e explica cousas doutras culturas
ResponderEliminarPedro Sánchez
Neste libro reclámanse máis dereitos para as mulleres.
ResponderEliminarMar 5ºc
Había partes bonitas, pero as tristes non me gustaban.
ResponderEliminarCristian 5ºC